Arenys de Mar é un municipio español da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca do Maresme. Segundo datos do INE tiña 14.688 habitantes en 2010.
É un importante porto pesqueiro, o principal da provincia de Barcelona e recreativo, tanto é así que o porto e os seus servizos é o motor principal da economía do municipio.
Xeografía miniatura|esquerda|200px|Rúa "La Riera" en Arenys Arenys de Mar está situado no litoral da Costa Brava, entre Caldes d'Estrac e Canet de Mar, ao pé do Parque Natural do Montnegre e o Corredor.
Dista cerca de 40 km de Barcelona. Arenys de Mar está ligada á estrada nacional N-II, á autoestrada C-32 e á rede ferroviaria local (Rodalies, liña C-1). Dista 40 km do aeroporto internacional de Xirona e 56 km do Aeroporto de Barcelona.
Historia Arenys del Mar naceu no século XIV como barrio costeiro da localidade veciña de Arenys de Munt. Foi obxectivo das correrías dos piratas bérberes, polo que se construíron parta protexer o lugar fortificacións, como 13 torres defensivas. En 1599 obtivo o título de cidade, constituíndose en municipio.
No transcurso do século XVII a poboación viuse decimada por causa da epidemia de cólera do ano 1653. Arenys de Mar tivo unha certa importancia como porto comercial durante os séculos XVIII e XIX, por ser único porto ben dotado existente na costa setentrional da provincia de Barcelona.
Demografía Conta cunha poboación de 16 155 habitantes (INE 2022).
Economía A economía de Arenys de Mar baséase esencialmente na pesca (escasa entre 2006 e 2007) e no turismo estival. Arenys é aínda o principal porto do Maresme e mantén unha importante frota de pesqueiros. A poxa de peixe vespertina ten lugar decote e atrae moitos turistas.
Arenys é meta de turismo de praia (ten a soada praia del Cabaió) e cultural, polas súas fortificacións, o museo, o porto e mesmo polo mito de Sinera, creado polo grande poeta catalán Salvador Espriu, que tanto amou esta terra.
Sitios de interese 200px|miniatura|A igrexa de Santa Maria. Salienta a igrexa de Santa Maria d'Arenys, obra de Pau Costa (1685) e a edificación de estilo modernista que acolle o mercado.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Sitio institucional Patrimonio histórico e artístico de Arenys de Mar
Categoría:Arenys de Mar