Xosé Fernández Ferreiro, nado en Espartedo (Santa Cruz de Rubiacós, Nogueira de Ramuín) o 29 de xaneiro de 1931 e finado na Coruña o 16 de decembro de 2015, foi un escritor galego.
Traxectoria Estudou bacharelato en Ourense. En 1954 marcha a Madrid estudar xornalismo, alí fundará con Xosé Luís Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Reimundo Patiño e Ramón Lorenzo o grupo literario nacionalista Brais Pinto. O nome e a épica do personaxe que lle pon nome ao grupo –un ficticio afiador ourensán que, despois de percorrer o mundo enteiro co seu oficio, e xa disposto a regresar á súa vila natal, morre atropelado por un tranvía en Madrid- atribúeselle a Fernández Ferreiro.
Comezou a súa andaina literaria publicando varios poemarios nos anos 50. Posteriormente dedicouse á narrativa e, en 1975, publicou A morte de Frank González, que foi a primeira novela de vaqueiros escrtita en galego. Traballou ademais como xornalista en Faro de Vigo, ABC, La Noche, El Correo Gallego, e La Voz de Galicia.
No ano 1985 foi galardoado co Premio Galicia de Xornalismo e en 2003 coa "Letra E" concedida pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. O 4 de xuño de 2011 foi elixido membro da Real Academia Galega e tomou posesión o 9 de marzo de 2013 cun discurso titulado Breves reflexións sobre os escritores e os xornalistas. Deulle a réplica Manuel Rivas.
Usou o pseudónimo de Ferr.
Obra Poesía Ribeirana do Sil (1952). Edición do autor. Prólogo de Florentino López Cuevillas. A noite (1959). Madrid: Brais Pinto. Impreso en Vigo, nas Gráficas Numen de Noya. Ribeirana do Sil e A Noite. Poesía completa. Limiar e edición a cargo de Francisco X. Fernández Naval. (Deputación de Ourense, 2023). ISBN 9788416643530
Narrativa
Novela A morte de Frank González (1975). Sada: Ediciós do Castro. Morrer en Castrelo do Miño (1978). Sada: Ediciós do Castro. Despois incluído na Biblioteca de Autores Galegos. Historia da loita dos labregos contra o encoro construído nesa vila A saga dun afiador (1980). Sada: Ediciós do Castro, 153 páxs. ISBN ISBN: 84-7492-023-X. Reeditada en Xerais, 2001, ISBN 9788475076836. Inclúense palabras do barallete. A ceo aberto (1981). Sada: Ediciós do Castro. ISBN 9788474920949. Corrupción e morte de Brigitte Bardot (1981). Vigo: Xerais. 288. ISBN 9788475070414. Reportaxe cósmico (1983). Sada: Ediciós do Castro. 140 páxs. ISBN 9788474921533. Ficción científica. A fraga dos paxaros salvaxes (1985). Vigo: Xerais. 192 páxs. ISBN 9788475071862. O minotauro (1989). Santiago de Compostela: Sotelo Blanco, colecciónMedusa. ISBN 978-84-7824-025-8. Agosto do 36 (1991). Vigo: Xerais. Traducida ao castelán). 160 páxs. ISBN 978-84-8302-782-0 (15ª ed.). A cidade das chuvias (1994). Vigo: Xerais. 184 páxs. ISBN 9788475078267. O atentado (1999). Vigo: Xerais. 152 páxs. ISBN 9788483023945. O último paraíso (2001). A Coruña: Espiral Maior. 248 páxs. ISBN 978-84-9782-239-8. Millo verde (2002). Vigo: Xerais. 176 páxs. ISBN 978-84-8302-824-7. Os últimos fuxidos (2004). Vigo: Xerais. 248 páxs. ISBN 978-84-9782-239-8 (2ª ed.). Tempo de centeo (2009). Vigo: Xerais. 232 páxs. ISBN 978-84-9914-004-9.
Relatos
Co medo nas mans (1996). Vigo: Xerais. Relatos. 152 páxs. ISBN 9788483021194.
Ulcis (2020). Libro póstumo. Vigo: Xerais. Edición de F. Fernández Naval e prólogo de X. L. Méndez Ferrín. 184 páxs. ISBN 978-84-9121-702-2. ePub: ISBN 978-84-9121-709-1. Relatos.
Narrativa infanto-xuvenil O conto da boa e da mala pipa (1996). Santiago: Sotelo Blanco. ISBN 9788478242757.
Ensaio De Xente Nova a Brais Pinto. Memorias dun afiador rebelde, (2012).Vigo: Xerais, Memoria. 176 páxs. ISBN 978-84-9914-347-7.
Obras colectivas Unha liña no ceo (1996). Vigo: Xerais. Alma de beiramar (2003). Asociación de Escritores en Lingua Galega. Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. II) (2006). Consello da Cultura Galega. Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (2006). Difusora.
Premios Premio Galicia de Xornalismo no 1985. Premio Xerais no 1991, por Agosto do 36. Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria no 2000, por O atentado. Galardoado coa Letra E da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 2003. Premio Brais Pinto no 2013.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Nados en Nogueira de Ramuín Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 2015 Categoría:Gañadores do Premio Xerais Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes