Xosé Carlos Gómez Alfaro, nado nas Chabolas (Sanín, Ribadavia) o 10 de febreiro de 1949 e finado na Guarda o 14 de maio de 2008, foi un profesor e escritor galego.
Traxectoria Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, dedicouse profesionalmente ao ensino de secundaria na Guarda, onde traballaba como profesor dende 1978. Literariamente, Gómez Alfaro destacou pola súa faceta como poeta.
Obra en galego Poesía As labaradas da lembranza, Mancomunidade do Baixo Miño, 1996. Alba plena do alén, Espiral Maior, 1997. Os ciclóns do sino, Deputación de Ourense, 1997. Matria da néboa, Ediciós do Castro, 1997. Ofertorio de solpores, Espiral Maior, 1999. Pasos cara á alba, Follas Novas Edicións, 2000. Alén do lume, Espiral Maior, 2002. O clamor da eclipse, Espiral Maior, 2004. Confíteor, Litoral das Rías, 2005. Mar aberto, Espiral Maior, 2007. Poesía galega toda, Editorial Danú/PEN Clube de Galicia, 2009. Edición de Román Raña.
Obras colectivas Homenaxe poética ao trobador Xohan de Requeixo, 2003. 23 poetas cantan a don Antonio Machado, Hipocampo, 2004. Poetas con Rosalía, Fundación Rosalía de Castro, 2006. A Coruña á luz das letras, Trifolium, 2008. Tamén navegar, Toxosoutos, 2011.
Premios Premio Cidade de Ourense no 2004, por O clamor da eclipse. Premio Cidade de Ourense no 2006, por Mar aberto.
Obra en castelán Poesía De rodillas, Editorial CLA, 1969.
Datos persoais Estaba casado. Faleceu dun infarto mentres participaba nun xurado literario. Notas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Poetas da comarca do Ribeiro Categoría:Nados en Ribadavia Categoría:Nados en 1949 Categoría:Finados en 2008 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela