Prayagraj, coñecida oficialmente antes de 2018 como Allahabad (Hindi: इलाहाबाद, Urdú اله اباد ilāhābād), é unha cidade do estado de Uttar Pradesh, India. No ano 2005 tiña 1 078 658 habitantes.
Localizada no sur do estado na confluencia do río Ganxes e o Yamuna. A cidade moderna está no sitio da antiga cidade santa de Prayaaga, e é un dos lugares de Kumbha Mela (peregrinación hindú), con grande importancia na relixión hindú.
O nome, co significado de cidade de Deus, deullo o emperador mogol Akbar no ano 1583 baixo a forma de al-Ilhahabad. Antes denominábase Prayagraj forma que en outubro de 2018 volveu adoptar oficialmente a cidade.
Allahabad foi a capital das Provincias Unidas durante o mandato británico, ata a década de 1920. A Universidade de Allahabad tiña gran prestixio a comezos do século XX, coñecida como a Oxford do leste.
Categoría:Cidades da India Categoría:Peregrinación