O faro de Fisterra é un faro situado no cabo Fisterra construído en 1853.

Historia e características A torre é de cantería e base octogonal, de 17 metros de alto cunha cornixa sobre a que se apoia a balconada. A bóveda ten unha lanterna poligonal. A súa luz, situada a 143 metros sobre o nivel do mar, acada máis das 23 millas náuticas. A constante néboa do inverno provocou que se lle engadise unha sirena en 1888, a Vaca de Fisterra, para avisar aos navegantes do perigo existente.

O feito de que esta punta fose o Finis Terrae para os antigos fixo que nacesen sobre ela unha serie de lendas. Malia a existencia do faro, a zona foi escenario de naufraxios, como en 1870, cando afundiu o Monitor Captain, levando 482 persoas da súa tripulación no suceso máis lutuoso desta costa.

Galería de imaxes

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de faros de Galicia Camiño dos Faros

Ligazóns externas Mapa dos faros e balizas Autoridade Portuaria da Coruña. Listaxe de balizamentos das costas atlánticas españolas

Categoría:Fisterra Categoría:Camiño dos Faros Categoría:Faros da provincia da Coruña