Qui-Gon Jinn (Quimen-Gonay Jinn) é un personaxe de A Guerra das Galaxias que aparece no Episodio I da saga. Foi interpretado polo actor irlandés Liam Neeson. Qui-Gon foi un nobre Cabaleiro Jedi nos tempos da Antiga República. Foi instruido por unha eminencia da Orde Jedi: o Mestre Dooku. Jinn adestrouse como un home serio, xeneroso e amable, pero tamén desenvolveu un criterio propio e certa teimosía que na maioría das ocasións non eran do agrado do Consello Jedi.miniatura|162px|Neeson é Qui-Gon Jinn no filme.|esquerda miniatura|162px|Afeccionado a Star Warsno papel de Qui-Gon Jinn.|esquerdaQui-Gon cumpriu co seu deber con distinción, loitando en varios conflitos e resolvendo moitas crises políticas. Alarmouse cando descubriu que a codiciosa Federación de Comercio conseguía un exército propio e que era a mismísima República á que el defendía quen llo concedía. Foi tamén estreito colaborador do Chanceler Supremo Finis Valorum, a quen salvou dun atentado.

Categoría:Personaxes da Guerra das galaxias

de:Figuren aus Star Wars#Qui-Gon Jinn