O abellaruco europeo, tamén coñecido abellarucoConde Teira. M. A. (1999). Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada. Chiogossa, 1: 121-138Penas Patiño et al Guía de aves de Galicia. Baía Edicións, 2004 ou abelleiroDicionario Ir IndoGran Dicionario Cumio (Merops apiaster), é un paxaro rubideiro da familia dos merópidos.
Esperanza de vida Os abellarucos europeos teñen unha esperanza de vida de entre uns 5 e 10 anos.
Dieta O abellaruco europeo é insectívoro, e o seu nome común é debido ás abellas, que constitúen a súa principal fonte de alimentación.Aliméntase de insectos voadores, en especial abellas, pero tamén avespas; cázanas no aire e antes de comer as abellas quítanlles o aguillón golpeándoas contra o chan. Poden comer arredor de 250 abellas ou avespas ao día.
Descrición Pode chegar aos 27 ou 29 cm. É un paxaro con cores ricas, a gorxa amarela, o peito verde e ás azuis e verdes. O seu hábitat é o campo aberto e entre árbores e matos esparexidos, nun clima cálido. Tanto o macho como a femia coidan dos ovos.
Hábitat Vive no sur de Europa, en partes do norte de África e o oeste de Asia. É un paxaro migratorio, o inverno pásao na África tropical ou no noroeste da India.
Os abellarucos europeos son gregarios, aniña en colonias nas ribeiras dos ríos, escavando buratos ou tobos, xeralmente ao comezo de maio.
En Galiza Aínda que abunda menos que noutras zonas da Península Ibérica, tamén hai presenza de abellarucos europeos en terras galegas, e a Sociedade Galega de Historia Natural organiza anualmente unhas xornadas de avistamentos destes paxaros chamadas "Na procura do Abellaruco".
Galería
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de aves de Galicia
Categoría:Coraciformes Categoría:Aves de Galicia Categoría:Animais descritos en 1758