Anxo Quintela González, nado en Castrelos (Vigo) o 21 de decembro de 1960, é un escritor e xornalista galego.
Traxectoria Estudou Filosofía en Valladolid e Santiago, foi Premio Castelao de poesía en 1978. En 1982 conseguiu o Premio Esquío pola obra A sombra dos pavillóns, publicado no ano seguinte. Os seus poemas tamén apareceron nas revistas Dorna, Revista das letras, Grial e Horas de papel.
Traballou como xornalista en Vídeo Voz e na TVG, onde foi presentador de diversos espazos, entre eles, os informativos. Foi tamén redactor xefe da revista Agrocultura. Entre 2003 e 2006 dirixiu o xornal electrónico Vieiros. Traballou no programa Diario Cultural da Radio Galega.
Obras Poesía Á sombra dos pavillóns, 1983, Sociedade de Cultura Valle-Inclán. O asasino estrábico, 1996, Xerais.
Traducións Afinidades culturais Galicia-Irlanda de Elisabeth Frances Keating, 1990, Galaxia. A casa da madriña de Lygia Bojunga Nunes, 1990, Galaxia.
Obras colectivas Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco. Chineses, 1996, O Correo Galego.
Proxectos artísticos A voz e o poema. Os periplos de Avilés de Taramancos con Ana Romaní.
Premios Premio Esquío de poesía no 1982, por Á sombra dos pavillóns. Premio Nacional de Xornalismo Cultural de España no 2019.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do autor en Xerais
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Xornalistas de Vigo Categoría:Personalidades da Radio Galega Categoría:Presentadores da TVG Categoría:Premio Esquío Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1960 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Tradutores ao galego