Pazos é un lugar da parroquia de Borela, no concello pontevedrés de Cerdedo Cotobade. Segundo o IGE en 2016 tiña 120 habitantes (56 homes e 67 mulleres), 17 menos ca en 2006. É o lugar máis poboado da parroquia.

Neste lugar atópase unha capela adicada a San Roque, e dous petos de ánimas, o de Portapedra e o de Pazos de Borela.

O topónimo fai referencia á existencia de varios pazos ou casas grandes existentes na zona, ó igual que o próximo lugar de Pazos na parroquia de Carballedo.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Borela

Parroquias de Cerdedo Cotobade

Categoría:Lugares de Cerdedo Cotobade