Illueca é un concello español da provincia de Zaragoza, capital da comarca da Aranda, en Aragón. A súa poboación era de 3.396 habitantes en (2004)

Xeografía Illueca está situada no oeste da comunidade autónoma e da provincia, a unha altitude de 599 m. O municipio esténdese por unha área de 24,9 km². A cabeceira municipal dista 89 km da cidade de Zaragoza.

Economía Destaca a súa industria do calzado.

Patrimonio cultural Castelo de Bieito XIII, o Papa Luna, que se ergue na parte máis elevada da localidade, con elementos dos séculos XV a XVII. O antipapa foi enterrado aquí. Durante a Guerra de Independencia española os seus restos foron botados ao río Aranda. Só se puido recuperar o cranio. Igrexa de San Xoán Bautista. Casas históricas de Illueca. Capela da Virxe da Sierra. Convento (en Gotor). Ponte Vella.

Festas 4 de xaneiro, San Babil. 24 de xuño, San Xoán. 25 de outubro, San Crispín

Véxase tamén Ligazóns externas Illueca.net