Alejandro Rodríguez Cadarso, nado en Noia o 21 de agosto de 1887 e finado en Lubián (Zamora) o 15 de decembro de 1933, foi un médico e político galego que chegou a ser reitor da Universidade de Santiago de Compostela.
Traxectoria Alejandro Rodríguez Cadarso naceu nunha familia burguesa. O seu pai era o doutor santiagués Jesús María Rodríguez Vázquez, e a súa nai era Manuela Cadarso Ronquete, que era ó mesmo tempo sobriña carnal do capitán noiés Luis Cadarso Rey, que finou na batalla de Cavite (Filipinas) na Guerra hispano-estadounidense en 1898. Casou en 1911 e tivo numerosa descendencia. miniatura|300px|Deputados galegos de 1931. Ramón Suárez Picallo, Daniel Vázquez, Rodríguez Cadarso, Castelao, Nóvoa Santos, Antón Villar Ponte, Poza Juncal, Otero Pedrayo e Antón Alonso Ríos. En 1916 obtivo a Cátedra de Técnica Anatómica da Universidade de Sevilla e a de Anatomía Descritiva na Universidade de SantiagoBugallo, Ánxela () "Alejandro Rodríguez Cadarso. O impulsor da modernización científica e educativa da Universidade" CCG.. En 1925 publicou un estudo sobre a arteria carótide no Journal of Anatomy"A Rare Case of Tortuosity of the Internal Carotid Artery" , publicado no Jornal of Anatomy.. Fundou o Instituto de Estudios Portugueses e foi vicerreitor da Universidade de Santiago desde o 4 de novembro de 1929 e reitor desde o 29 de marzo de 1930Antón Capelán Rey, Contra a Casa da Troia, 1994, páx. 101, deputado (1931-1933) pola ORGA, caracterizouse polo seu apoio á autonomía de Galicia. Como reitor pretendeu ligar a Universidade coa cultura galega e coa sociedade galega en xeral, favorecendo a súa modernizaciónBaldomero Cores Trasmonte, Ciencia e galeguidade na II República, 1989, páx. 205, e desenvolveu a Residencia de Estudantes (un dos colexios maiores leva o seu nome, o CM Rodríguez Cadarso) e o Campus Sur .
Morreu aos 46 anos, cando preparaba o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega, nun accidente de automóbil na estrada Villacastín-Vigo preto da localidade zamorana das Hedradas (Lubián) cando se dirixía a unha conferencia en Madrid, xunto co médico e profesor Francisco Bacariza Varela.. Soterrárono no cemiterio de Boisaca.
Vida persoal Casou con Cristina Ladrón de Guevara Enríquez, e tiveron nove fillos, entre eles Víctor, Manuel e Antonio Rodríguez-Cadarso Ladrón de Guevara.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
"Rodríguez Cadarso, Alejandro" en Diciopedia do século 21, t. 3, p. 1824. "Rodríguez Cadarso, Alexandre" en Diccionario enciclopédico galego universal, t. 53, p. 67. "Rodríguez Cadarso, Alexandre" en Dicionario biográfico de Galicia, t. 3. p. 178. Bermejo, M. (2008): Rodríguez Cadarso. Un reitor para un país. Universidade de Santiago de Compostela.
Reguera López, A. et al.. "Rodríguez Cadarso, Alejandro" en Gran Enciclopedia Galega.
Ligazóns externas
Categoría:Médicos de Noia Categoría:Reitores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Nados en Noia Categoría:Nados en 1887 Categoría:Finados en 1933 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Concelleiros de Santiago de Compostela Categoría:Finados en accidente de tráfico