O cemento pode referirse a:

en xeoloxía, o cemento é o conxunto de minerais que constitúen a matriz das rochas sedimentarias detríticas, ou dun xeito máis xeral, de todas as substancias sólidas que forman parte dun solo. en construción, o cemento é un conglomerante hidráulico que mesturado cun líquido, se volve adhesivo e capaz de unir fragmentos ou masas sólidas. en anatomía, o cemento é unha capa de tecido óseo especial, sen irrigación nin innervación, que cobre as raíces dos dentes (en lugar do esmalte, que cobre a coroa).