thumb|Vista aérea
O Circuíto Internacional de Bahrain (en árabe حلبة البحرين الدولية baraahin al-intarnals wadjaviyaa), máis coñecido como Circuíto de Sakhir, é un autódromo localizado na cidade de Manama, Bahrain, sede do Gran Premio de Bahrain e do Gran Premio de Sakhir de Fórmula 1.
Historia
A construción do circuíto para poder albergar unha carreira da tempada de Fórmula 1 foi un obxectivo nacional para Bahrain, impulsado polo príncipe Salman bin Hamad Al Khalifa. O príncipe herdeiro é un grande entusiasta do deporte motor, ao momento que ocupa o cargo de Presidente Honorario da Federación de Automobilismo de Bahrain.
Os organizadores do Gran Premio temeron non chegar a terminar a tempo as construcións necesarias para a realización do evento de , e solicitaron ao responsable da F1 Bernie Ecclestone a postergación para o . Ecclestone negouse, e a carreira disputouse a pesar de que o autódromo non estaba terminado na súa totalidade.
En converteuse no primeiro circuíto de Gran Premio ao que se concedeu o premio a Excelencia unha distinción da FIA, entregado por unha excelente seguridade, Dirección de Carreira, servizos médicos e polos altos estándares de tecnoloxía necesaria para manter estes.
En o circuíto estaba programado para ser o primeiro GP da tempada. Pero, debido aos disturbios civís no país a carreira tivo que ser cancelada en marzo de 2011. a principios de xuño a FIA anunciou que a carreira ía ser trasladada para o 30 de outubro, na data orixinal para o primeiro GP da India, que se desprazaba a unha data de peche da tempada o 11 de decembro. Pero, dous días máis tarde debido ás preocupacións dos equipos e outros estamentos, os organizadores da carreira cancelaron oficialmente a carreira.
O Gran Premio de Sakhir de 2020 disputouse cunha configuración da pista chamada Circuíto exterior, nunca usada ata ese momento pola Fórmula 1, caracterizada por 11 curvas e unha lonxitude de 3.543 metros. A última vez que a categoría usou unha configuración diferente ocorreu en , con motivo da primeira proba da tempada, o Gran Premio de Bahrain de 2010, cando se utilizou outra configuración de pista, chamada Circuíto Endurance, caracterizado por 24 curvas e unha lonxitude de 6 299 metros, a máis longa de todas as configuracións utilizables do circuíto de Sakhir. Na historia da Fórmula 1 convértese no primeiro circuíto en organizar o Gran Premio válido para o campionato mundial en tres trazados diferentes.
Construción e deseño
O circuíto foi deseñado polo arquitecto alemán Hermann Tilke, o mesmo arquitecto que deseñou o Circuíto de Sepang de Malaisia. O contratista principal para o proxecto foi Cybarco-WCT. O circuíto custou aproximadamente 56´2 millóns de dinares de Bahrein (150 millóns de dólares). Ten seis pistas separadas, incluíndo un óvalo de proba e unha pista para drag.
Un dos eventuais problemas que se temían para as carreiras, tiña que ver con que o circuíto está localizado no medio do deserto, co cal os ventos poderían arrastrar area cara ao trazado e alterar así o funcionamento das máquinas. De todos os xeitos, os organizadores do Gran Premio logran manter a area fóra da pista, mediante a utilización dun adhesivo que se rocía nas areas que rodean o trazado.
A superficie da pista é do tipo de árido grauvaca, enviado a Bahrain desde a canteira de Bayston Hill en Shropshire, Inglaterra. O material da superficie é eloxiado polos directores de circuítos e pilotos de Fórmula 1 polo alto nivel de grip que ofrece. O mesmo material de árido utilízase no Circuíto de Yas Marina para a Gran Premio de Abu Zabi.
Outras instalacións Hai catro circuítos distintos sobre a pista principal.
Pista do Gran Premio (na figura superior deste artigo). Pista interior (na sección media da pista: inclúe as curvas 5 a 12 do circuíto principal, cunha serie de pinzas que unen as curvas 12 e 5) Pista exterior (inclúe a totalidade do circuíto, coa excepción das curvas 5 a 12) Pista do paddock (inclúe a totalidade do circuíto, coa excepción das curvas 4 a 9)
Existen tamén no autódromo unha recta para picadas e unha pista oval.
Características
Capacidade espectadores: 70.000 Lonxitude do circuíto: 5´412 quilómetros. Distancia da carreira de Fórmula 1: 57 voltas = 308´238 quilómetros. Curvas:15 (6 esquerda e 9 dereita) Configuración aerodinámica: media. Velocidade máxima estimada 322 km/h con DRS, 310 km/h sen DRS Aceleración a fondo: 64% do tempo de volta. Tempo de freado: 16% do tempo da volta. Total de combustible necesario para a distancia de carreira: Consumo de combustible: kg por volta. Cambio de marchas por volta: Número de zonas de freado: Desgaste dos freos: medio Desgaste dos pneumáticos: alto Distancia dos Boxes: Perda de tempo nunha parada en boxes: Tempo total necesario para a parada en boxes: 23 segundos (media) Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): 0´38 segundos. Marca volta: Pedro de la Rosa - McLaren, 1.31.447 en
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Manama-Sakhir NºAnoPilotoConstrutorMotorPneus.TempoLonxitudeVoltasVelocidade mediaDataGP de1 Michael SchumacherFerrariFerrari1:28:34,875 h5,417 km57209,143 km/h4. abril Bahrain2 Fernando AlonsoRenaultRenault1:29:18,531 h5,417 km57207,274 km/h3. abril3 Fernando AlonsoRenaultRenault1:29:46,205 h5,412 km57206,018 km/h12. marzo4 Felipe MassaFerrariFerrari1:33:27,515 h5,412 km57197,887 km/h15. abril5 Felipe MassaFerrariFerrari1:31:06,970 h5,412 km57202,975 km/h6. abril6 Jenson ButtonBrawnMercedes1:31:48,182 h5,412 km57201,711 km/h26. abril7 Fernando AlonsoFerrariFerrari1:39:20,396 h6,299 km49186,272 km/h14. marzo–cancelado debido a protestas político8 Sebastian VettelRed BullRenault1:35:10,990 h5,412 km57201,143 km/h22. abril9 Sebastian VettelRed BullRenault1:36:00,498 h5,412 km57192,632 km/h21. abril10 Lewis HamiltonMercedesMercedes1:39:42,743 h5,412 km57185,476 km/h6. abril11 Lewis HamiltonMercedesMercedes1:35:05,809 h5,412 km57186,587 km/h19. abril12 Nico RosbergMercedesMercedes1:33:34,696 h5,412 km57197,634 km/h3. abril13 Sebastian VettelFerrariFerrari1:33:53,373 h5,412 km57196,979 km/h16. abril14 Sebastian VettelFerrariFerrari1:32:01,940 h5,412 km57200,954 km/h8. abril15 Lewis HamiltonMercedesMercedes1:34:21,295 h5,412 km57196,008 km/h31. marzo16 Lewis HamiltonMercedesMercedes2:59:47,515 h5,412 km57102,865 km/h29. novembro17 Sergio PérezRacing PointBWT Mercedes1:31:15,114 h3,543 km87202,513 km/h6. decembro Sakhir18 Lewis HamiltonMercedesMercedes1:32:03,897 h5,412 km56197,356 Km/h28. marzo Bahrain19 Charles LeclercFerrariFerrari1:37:33,584 h.5,412 km57 189,523 Km/h20. marzo20 Max VerstappenRed BullHonda RBPT 1:33:56.736 h.5,412 km 57 196,862 Km/h 5. marzo21 Max VerstappenRed BullHonda RBPT 1:31:44,742 h.5,412 km 57 201,743 Km/h 2. marzo22 Oscar PiastriMcLarenMercedes 1:35:39,435 h.5,412 km 57 193,493 Km/h 13. abril
Estadísticas da carreira do Gran Premio de Bahrain Nº Data Piloto Tempo 2º posto 3º posto Pole Position Pole Volta rápida Tempo 1 04.04.2004 M. Schumacher (Ferrari) 1:28:34,875 h R. BarrichelloJ. Button M. Schumacher 1:30,139 m M. Schumacher 1:30,252 m 2 03.04.2005 F. Alonso (Renault) 1:29:18,531 h J. Trulli K. Räikkönen F. Alonso 1:30,902 m P. de la Rosa 1:31,447 m 3 12.03.2006 F. Alonso (Renault) 1:29:46,205 h M. Schumacher K. Räikkönen M. Schumacher 1:31,431 m N. Rosberg 1:32,408 m 4 15.04.2007 F. Massa (Ferrari) 1:33:27,515 h L. Hamilton K. Räikkönen F. Massa 1:32,652 m F. Massa1:34,067 m 5 06.04.2008 F. Massa (Ferrari) 1:31:06,970 h K. Räikkönen R. Kubica R. Kubica1:33,096 m H. Kovalainen1:33,193 m 6 26.04.2009 J. Button (Brawn) 1:31:48,182 h S. Vettel J. Trulli J. Trulli1:33,431 m J. Trulli 1:34,556 m 71 14.03.2010 F. Alonso (Ferrari) 1:39:20,396 h F. Massa L. Hamilton S. Vettel1:54,101 m F. Alonso 1:58,287 m – Cancelado debido a protestas políticas 8 22.04.2012 S. Vettel (Red Bull) 1:35:10,990 h K. Räikkönen R. Grosjean S. Vettel1:32,422 m S. Vettel 1:36,379 m 9 21.04.2013 S. Vettel (Red Bull) 1:36:00,498 h K. Räikkönen R. Grosjean N. Rosberg1:32,330 m S. Vettel 1:36,961 m 10 06.04.2014 L. Hamilton (Mercedes) 1:39:42,743 h N. Rosberg S. Perez N. Rosberg1:33,185 m N. Rosberg 1:37,020 m 11 19.04.2015 L. Hamilton (Mercedes) 1:35:05,809 h K. Räikkönen N. Rosberg L. Hamilton1:32,571 m K. Räikkönen 1:36,311 m 12 03.04.2016 N. Rosberg (Mercedes) 1:33:34,696 h K. Räikkönen L. Hamilton L. Hamilton1:29,493 m N. Rosberg 1:34,482 m 13 16.04.2017 S. Vettel (Ferrari) 1:33:53,373 h L. Hamilton V. Bottas V. Bottas1:28,769 m L. Hamilton 1:32,798 m 14 08.04.2018 S. Vettel (Ferrari) 1:32:01,940 h V. Bottas L. Hamilton S. Vettel1:27,958 m V. Bottas 1:33,740 m 15 31.03.2019 L. Hamilton (Mercedes) 1:34:21,295 h V. Bottas C. Leclerc C. Leclerc1:27,866 m C. Leclerc 1:33,411 m 16 29.11.2020 L. Hamilton (Mercedes) 2:59:47,515 h M. Verstappen A. Albon L. Hamilton1:27,264 m M. Verstappen 1:32,014 m 17 28.03.2021 L. Hamilton (Mercedes) 1:32:03.897 h M. Verstappen Valtteri Bottas M. Verstappen 1:28.997 m Valtteri Bottas 1:32.090 m 18 20.03.2022 C. Leclerc (Ferrari) 1:37:33.584 h C. Sainz L. Hamilton C. Leclerc 1:30.558 m C. Leclerc 1:34.570 m 19 5.03.2023 M. Verstappen (Red Bull) 1:33:56,736 h S. Pérez F. Alonso M. Verstappen 1:29,708 m Guanyu Zhou 1:33,996 m 20 2.03.2024 M. Verstappen (Red Bull) 1:31:44,742 h S. Pérez Carlos Sainz M. Verstappen 1:29.179 m M. Verstappen 1:32.608 m 21 13.04.2025 Oscar Piastri (McLaren) 1:35:39,435 h George Russell Lando Norris Oscar Piastri 1:29.841 m Oscar Piastri 1:35.140 m 1Trazado longo
RécordsPiloto: Lewis Hamilton/Sebastian Vettel (4 veces) • País: Alemaña (6) • Construtor: Ferrari (6) • Motor: Mercedes/Ferrari (6 veces) • Pneus.: Pirelli (9) • Máis Podios: Lewis Hamilton (9) • Máis podios sen gañar: Kimi Räikkönen (8) • Poles: Lewis Hamilton/Sebastian Vettel (3 veces) • Voltas rápidas: Nico Rosberg (3)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial Páxina cos circuítos de F1
Categoría:Circuítos de Fórmula 1 Categoría:Deporte en Bahrain