Luena é un concello español situado na Comunidade Autónoma de Cantabria, na comarca do Val do Pas. Dista 48 km da capital autonómica, Santander. Segundo datos de 2007 tiña 792 habitantes. A área municipal abrangue 90,8 km².

Límites Luena ten os lindes seguintes: polo norte con Arenas de Iguña, Santiurde de Toranzo e máis Corvera de Toranzo; polo oeste con Molledo e San Miguel de Aguayo; polo leste con Vega de Pas e máis San Pedro del Romeral; polo sur con Campoo de Yuso e a provincia de Burgos, á que se accede pola estrada N-623.

Localidades Bollacín. Bustasur. Carrascal de Cocejón. Carrascal de San Miguel. Cazpurrión. El Cocejón. Entrambasmestas. La Garma. Llano. Ocejo. Los Pandos. Pandoto. La Parada. Penilla. La Puente. Resconorio. Retuerta. San Andrés de Luena. San Miguel de Luena (capital). Sel de la Carrera. Sel de la Peña. Sel del Hoyo. Sel del Manzano. Selviejo. Tablado. Urdiales. La Ventona. Vozpornoche.

Demografía

Monumentos

Cova do Churcón, gruta con graffiti e pinturas rupestres. Monumentos megalíticos. Igrexa de San Miguel, do século XVII. Igrexa de Santo André, de 1756. Ermida dos Remedios, tamén de 1756. Casa de Joaquín Ibáñez de Corbera, de 1765. Véxase tamén

Luena