Roberto Vilar Fernández, nado en San Cristovo (Xove) o 5 de xullo de 1971, é un actor, humorista e presentador galego.
Traxectoria Nacido e criado en San Cristovo afeccionouse dende novo ao baloncesto e ao OAR Ferrol, chegando a probar como xogador da súa canteira. Estudou en Viveiro e no seminario de Mondoñedo,Roberto Vilar Fernández, en Facebook. e comezou a traballar na TVG no programa Con perdón,Divorcio a la gallega, El País, 10/01/2009. baseado en bromas feitas a cidadáns anónimos mediante unha cámara oculta e en Pequeno hotel (2001). Pero a fama chegoulle polo seu papel nos Tonechos, un dúo cómico que mantiña co actor Víctor Fábregas. Este dúo empezou actuando no Luar da TVG o 19 de setembro de 2002 e logo consolidouse cun programa de seu, O show dos Tonechos. A comezos de xaneiro de 2009 anunciaron a separación dos Tonechos.Os Tonechos sepáranse , A Nosa Terra, 08/01/2009.
Desde o 10 de outubro de 2009 e ata o 24 de novembro de 2011 presentou na TVG o espazo Land Rober, que se emitía os xoves á noite con grande éxito de audiencia.
En 2011 asinou un contrato con Mediaset España para presentar na súa cadea de televisión Cuatro o concurso Salta a la vista, que compaxinou durante unhas semanas co seu traballo en Land Róber.Roberto Vilar continuará en la nueva temporada de Land Rober mientras comienza nuevos proyectos en Cuatro, 20 minutos, 13/09/2011. O 23 de novembro, a TVG anunciou a non renovación do contrato con CTV, produtora do programa, e o espazo de humor Land Rober cesou as súas emisións o 24 de novembro."Land Rober" ofrece a súa derradeira gravación con Manu Tenorio, os presentadores de "A Solaina" e o grupo Odaiko , crtvg.es, 23/11/2011.
En outubro de 2013 comezou a presentar o programa da TVG Entre familias anda o xogo, que se emitía os sábados á noite.Espectáculo, música e humor daranse a man en "Entre familias anda o xogo", o novo concurso da TVG , crtvg.es, 27/10/2014. O 12 de abril de 2014 encargouse de conducir os XII Premios Mestre Mateo.alt=Roberto Vilar despois do Land Rober|miniatura|Roberto Vilar tras unha emisión do Land Rober Tunai Show Na fin de ano do 2014 anunciou a volta de Land Rober, programa que comezou a presentar unhas semanas despois baixo o nome de Land Rober Tunai Show, acompañado de humoristas como Xosé Antonio Touriñán, Manuel Manquiña, Isabel Risco e Pili Pampín.
O 11 de abril de 2015 presentou os XIII Premios Mestre Mateo.
No 2018 presentou La noche de Rober en Antena 3, programa que foi cancelado tras seis emisións.
Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Título Resultado2010Mellor comunicadorLand RoberGañador2010Mellor ProgramaLand RoberGañador2011Mellor comunicadorLand RoberGañador2016Mellor comunicadorLand Rober Tunai ShowGañador2016Mellor ProgramaLand Rober Tunai ShowGañador
Premios Iris Ano Categoría Título Resultado2017Mellor Programa Autonómico de EntretementoLand Rober Tunai ShowGañador
Premios Somriu Ano Categoría Título Resultado2018Mellor Programa Autonómico de EntretementoLand Rober Tunai ShowGañador
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Víctor Fábregas Os Tonechos
Ligazóns externas Sitio web de Roberto Vilar Ficha na IMDb
Categoría:Actores de Xove Categoría:Humoristas de Galicia Categoría:Presentadores da TVG Categoría:Nados en Xove Categoría:Nados en 1971