Víctor Fábregas Martínez, nado en Esteiro (Muros) o 11 de febreiro de 1971, é un humorista e actor galego.

Traxectoria Empezou no teatro afeccionado na infancia, da man de Xosé Agrelo Hermo.<ref>[http://www.galiciae.com/nova/23558.html Gústame pasar por pailán, sinto mágoa pola xente que se cre superior] , Galiciae, 18/1/09</ref> Na universidade realizou un posgrao de teatro e marchou a Alcalá de Henares a estudar teatro clásico. Dous anos despois volveu a Galiza e, logo de traballar nunha conserveira, comezou a rodar para a TVG no programa Con perdón,Divorcio a la gallega, El País, 10/1/2009 baseado en bromas feitas a cidadáns anónimos mediante unha cámara oculta. Con todo, a fama acadouna polo seu papel de Tucho nos Tonechos, un dúo cómico que mantiña co actor Roberto Vilar. Este dúo empezou actuando no Luar da TVG a comezos do século XXI e despois consolidouse cun programa de seu, O show dos Tonechos. A comezos de xaneiro de 2009 anunciaron a separación dos Tonechos.Os Tonechos sepáranse , A Nosa Terra, 8/1/2009

En 2009 Fábregas participou na serie de temática xornalística O Nordés (TVG) e tamén na película-documental Flores tristes, de Manolo Abad. En 2011 participou en 18 Comidas, de Jorge Coira. Dende 2011 deu vida ao personaxe de Lino na serie Era visto! durante as once tempadas que se fixeron desta. Tamén formou parte de Pazo de familia (Tomaso) (TVG), durante oito tempadas.

En 2019 interpretou o tenente Poncela na serie Lobos&Cordeiros (TVG).

Ten colaborado en episodios de Pratos combinados, Rías Baixas, O país dos prodixios, Meus queridos veciños, Luci, Augasquentes...

Fixo dobraxe na curta Km 53 e a longametraxe A crise carnívora.

En 2020 protagonizou a serie cómica Do dereito e do revés (TVG) e copresentou con Ledicia Sola as dúas tempadas do programa de viaxes Vou que teño que ir (TVG).

Desde o 2021 participa habitualmente en Land Rober Tunai Show (TVG), Luar (TVG) e conduce a terceira tempada do programa de viaxes Sen Código Postal (TVG). Traballou en O corpo aberto (Ángeles Huerta, 2022) e O home e o can'' (Ángel de la Cruz, 2022).

Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Título Resultado 2011Mellor actor secundarioEra visto!Nomeado

Notas

Véxase tamén Outros artigos Os Tonechos Ligazóns externas Ficha en culturagalega.org Ficha na IMDb

Categoría:Actores de Muros Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Nados en Muros Categoría:Nados en 1971 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes