O fento do botónNome galego en Vexetación de Galicia - http://www.vexetaciondegalicia.es/fento.php?id=woodwardia (Woodwardia radicans) é unha especie rara de fento xigante, cuxa orixe remóntase á era Terciaria, pertence á familia Blechnaceae. A planta pode chegar aos 3 metros de altura.
O seu hábitat son os noiros arxilosos e de solos eutrofos e con escorrentía acentuada. Aparece en zonas sombrías de ambiente moi húmido como son os bosques de ribeira das zonas atlánticas.
O fento atópase distribuído moi fragmentariamente, aparecendo nas Illas Canarias, Madeira e Azores e na faixa atlántica. Así mesmo tamén se distribúe nunhas poucas localidades do norte de África (Alxeria). Na Europa continental atópase en pequenos redutos nalgunhas localidades de Italia, e do norte da Península Ibérica. No mar Mediterráneo está presenta na illa de Córsega (Francia). Notas
Véxase tamén Outros artigos Catálogo galego de especies ameazadas
Categoría:Fentos Categoría:Fentos de Galicia Categoría:Woodwardia Categoría:Plantas descritas en 1793