thumb|Vista aérea

O circuíto de Silverstone é un autódromo localizado en Silverstone, Inglaterra, no que se disputa o Gran Premio do Reino Unido de Fórmula 1. O primeiro Gran Premio da historia correuse alí, nun aeródromo inactivo desde a segunda guerra mundial. As tres pistas de engalaxe, trazadas no clásico formato triangular da época, aínda poden apreciarse dentro do circuíto.

O Gran Premio do Reino Unido rotou entre os circuítos de Silverstone, Aintree e Brands Hatch entre os anos 1955 e 1986, pero realizase permanentemente en Silverstone desde 1987. Parte do autódromo atópase en Northamptonshire e a restante en Buckinghamshire.

O 30 de setembro de 2004, o presidente do British Racing Drivers Club, Jackie Stewart, anunciou que a carreira non sería incluída no calendario provisional de , e aínda que finalmente fose corrida, a mesma non se realizaría en Silverstone. No entanto, o 9 de decembro do mesmo ano alcanzouse un acordo con Bernie Ecclestone, dono do a Fórmula 1, segundo o cal o Gran Premio continuaría disputandose en Silverstone ata 2009, despois Donington Park converteríase no novo hóspede. Pero, os arrendatarios de Donington Park sufriron problemas económicos. Como resultado o BRDC asinou un contrato de 17 anos con Ecclestone para celebrar o Gran Premio de Gran Bretaña en Silverstone.

O circuíto

Silverstone está construído sobre unha base de bombardeiros da Real Forza Aérea, RAF Silverstone da segunda guerra mundial, que abriu as súas portas en 1943. As tres pistas de aterraxe do aeródromo, no clásico formato en triángulo da segunda guerra mundial, atópanse dentro do contorno da pista actual.

Silverstone foi utilizado por primeira como pista de carreiras por un grupo de amigos que improvisou unha carreira en setembro de 1947. Un dos seus membros, Maurice Geoghegan, vivía na veciña vila de Silverstone e era consciente de que o aeródromo estaba deserto. El e outros once pilotos correron sobre un circuíto de dúas millas, durante o curso da cal o propio Geoghegan atropelou unha ovella que se extraviou no campo de aviación. A ovella morreu e o coche dado de baixa, como consecuencia deste feito a carreira chegou a ser coñecida informalmente como o Gran Premio do Cordeiro.

O ano seguinte, o Real Automóbil Club fixo un contrato de arrendamento co aeródromo e dispúxose dun circuíto de carreiras máis formal. As dúas primeiras carreiras disputáronse nas propias pistas, con longas rectas separadas por pechadas curvas en forquita, coa pista marcada por balas de palla. Pero, para o mitin do International Trophy de 1949, decidiuse cambiar á pista perimetral. Esta disposición utilizouse para os grandes premios de e . En a liña de saída trasladouse da recta da granxa á rectas que une as curvas Woodcote e Copse, e esta disposición mantívose practicamente sen cambios durante os 38 anos seguintes. Para o 1975 introduciuse unha chicana para tratar de reducir as velocidades na poderosa curva Woodcote (aínda que MotoGP utilizou o circuíto sen a chicana ata 1986), e a ponte da curva desviouse sutilmente en 1987.

A pista someteuse a un redeseño importante entre as carreiras de 1990 e 1991, transformando a pista ultra rápida (onde nos seus últimos anos todas as curvas tomábanse en cuarta ou quinta velocidade, dependendo da transmisión do vehículo, fóra diso a chicana Bridge, polo xeral tomábase en 2ª velocidade) nunha pista máis técnica. A primeira carreira de F1 da pista reformada foi quizais o máis memorable dos últimos anos, Nigel Mansell volvía fronte do seu público. Á súa volta da vitoria a boxes Mansell ata atopou tempo para recoller ao seu rival Ayrton Senna e levouno sentado no seu coche logo de que o McLaren de Senna quedara sen combustible na última volta da carreira.

Trala morte de Senna e Roland Ratzenberger en Imola en 1994, moitos circuítos de Gran Premio modificáronse co fin de reducir a velocidade e aumentar a seguridade dos pilotos. Como consecuencia disto a entrada á recta do Hangar desde a curva Stowe modificouse en 1995 a fin de facer a súa entrada menos perigosa. Ademais, a curva da Abadía foi modificada para facer unha chicana tan só 19 días antes do GP de 1994.

Características

Capacidade espectadores: 150.000 Lonxitude do circuíto: 5´891 quilómetros. Distancia da carreira de Fórmula 1: 52 voltas = 306´332 quilómetros. 18 curvas en total,(10 á dereita e 8 á esquerda). Configuración aerodinámica: media/alta. Velocidade máxima estimada 320 km/h con DRS, 301 km/h sen DRS Aceleración a fondo: 66% do tempo de volta. Tempo de freado: 9% do tempo da volta. Total de combustible necesario para a distancia de carreira: Consumo de combustible: 2´4 kg por volta (alto). Cambio de marchas por volta: 48 por volta / 2.496 por carreira. Número de zonas de freado: Desgaste dos freos: baixo Desgaste dos pneumáticos: medio/alto Distancia dos Boxes: Perda de tempo nunha parada en boxes: Tempo total necesario para a parada en boxes: 25 segundos (media) Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): 0´38 segundos. Marca volta: Max Verstappen - Red Bull, 1’27.097 en

Planos do circuíto

Galería

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Silverstone Nº Ano Piloto Construtor Motor Pneu. Tempo Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de 1 Giuseppe Farina Alfa Romeo Alfa Romeo 2:13:23,600 h 4,649 km 70 146,378 km/h 13. maio Reino Unido 2 José Froilán González Ferrari Ferrari 2:42:18,200 h 4,649 km 90 154,677 km/h 14. xullo 3 Alberto Ascari Ferrari Ferrari 2:44:11,000 h 4,711 km 85 146,337 km/h 19. xullo 4 Alberto Ascari Ferrari Ferrari 2:50:00,000 h 4,711 km 90 149,644 km/h 18. xullo 5 José Froilán González Ferrari Ferrari 2:56:14,000 h 4,711 km 90 144,351 km/h 17. xullo 6 Juan Manuel Fangio Ferrari Ferrari 2:59:47,000 h 4,711 km 101 158,795 km/h 14. xullo 7 Peter Collins Ferrari Ferrari 2:09:04,200 h 4,711 km 75 164,248 km/h 19. xullo 8 Jack Brabham Cooper Climax 2:04:24,600 h 4,711 km 77 174,944 km/h 16. xullo 9 Jim Clark Lotus Climax 2:14:09,600 h 4,711 km 82 172,765 km/h 20. xullo 10 Jim Clark Lotus Climax 2:05:25,400 h 4,711 km 80 180,292 km/h 10. xullo 11 Jim Clark Lotus Climax 1:59:25,600 h 4,711 km 80 189,345 km/h 15. xullo 12 Jackie Stewart Matra Ford 1:55:55,600 h 4,711 km 84 204,814 km/h 19. xullo 13 Jackie Stewart Tyrrell Ford 1:31:31,500 h 4,711 km 68 210,007 km/h 17. xullo 14 Peter Revson McLaren Ford 1:29:18,500 h 4,711 km 67 212,054 km/h 14. xullo 15 Emerson Fittipaldi McLaren Ford 1:22:05,000 h 4,719 km 56 193,168 km/h 19. xullo 16 James Hunt McLaren Ford 1:31:46,060 h 4,719 km 68 209,807 km/h 16. xullo 17 Clay Regazzoni Williams Ford 1:26:11,170 h 4,719 km 68 223,395 km/h 14. xullo 18 John Watson McLaren Ford 1:26:54,800 h 4,719 km 68 221,526 km/h 18. xullo 19 Alain Prost Renault Renault 1:24:39,780 h 4,719 km 67 224,069 km/h 16. xullo 20 Alain Prost McLaren Porsche (TAG) 1:18:10,436 h 4,719 km 65 235,425 km/h 21. xullo 21 Nigel Mansell}} Williams Honda 1:19:11,780 h 4,778 km 65 235,291 km/h 12. xullo 22 Ayrton Senna McLaren Honda 1:33:16,367 h 4,778 km 65 199,782 km/h 10. xullo 23 Alain Prost McLaren Honda 1:19:22,131 h 4,780 km 64 231,265 km/h 16. xullo 24 Alain Prost Ferrari Ferrari 1:18:30,999 h 4,780 km 64 233,775 km/h 15. xullo 25 Nigel Mansell Williams Renault 1:27:35,479 h 5,226 km 59 211,209 km/h 14. xullo 26 Nigel Mansell Williams Renault 1:25:42,991 h 5,226 km 59 215,828 km/h 12. xullo 27 Alain Prost Williams Renault 1:25:38,189 h 5,226 km 59 216,030 km/h 11. xullo 28 Damon Hill Williams Renault 1:30:03,640 h 5,057 km 60 202,144 km/h 10. xullo 29 Johnny Herbert Benetton Renault 1:34:35,093 h 5,057 km 61 195,683 km/h 16. xullo 30 Jacques Villeneuve Williams Renault 1:33:00,874 h 5,072 km 61 199,576 km/h 14. xullo 31 Jacques Villeneuve Williams Renault 1:28:01,665 h 5,140 km 59 206,703 km/h 13. xullo 32 Michael Schumacher Ferrari Ferrari 1:47:12,450 h 5,140 km 60 172,600 km/h 12. xullo 33 David Coulthard McLaren Mercedes 1:32:30,144 h 5,140 km 60 200,038 km/h 11. xullo 34 David Coulthard McLaren Mercedes 1:28:50,108 h 5,141 km 60 208,296 km/h 23. abril 35 Mika Häkkinen McLaren Mercedes 1:25:33,770 h 5,141 km 60 216,231 km/h 15. xullo 36 Michael Schumacher Ferrari Ferrari 1:31:45,015 h 5,141 km 60 201,649 km/h 7. xullo 37 Rubens Barrichello Ferrari Ferrari 1:28:34,554 h 5,141 km 60 208,875 km/h 20. xullo 38 Michael Schumacher Ferrari Ferrari 1:24:42,700 h 5,141 km 60 218,403 km/h 11. xullo 39 Juan Pablo Montoya McLaren Mercedes 1:24:29,588 h 5,141 km 60 218,969 km/h 10. xullo 40 Fernando Alonso Renault Renault 1:25:51,927 h 5,141 km 60 215,469 km/h 11. xuño 41 Kimi Räikkönen Ferrari Ferrari 1:21:43,074 h 5,141 km 59 222,630 km/h 8. xullo 42 Lewis Hamilton McLaren Mercedes 1:39:09,440 h 5,141 km 60 186,585 km/h 6. xullo 43 Sebastian Vettel Red Bull Renault 1:22:49,328 h 5,141 km 60 223,386 km/h 21. xuño 44 Mark Webber Red Bull Renault 1:24:38,200 h 5,901 km 52 217,457 km/h 11. xullo 45 Fernando Alonso Ferrari Ferrari 1:28:41,196 h 5,901 km 52 207,598 km/h 10. xullo 46 Mark Webber Red Bull Renault 1:25:11,288 h 5,901 km 52 215,683 km/h 8. xullo 47 Nico Rosberg Mercedes Mercedes 1:32:59,456 h 5,901 km 52 198,076 km/h 30. xuño 48 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes 2:26:52,094 h 5,891 km 52 125,091 km/h 6. xullo 49 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes 1:31:27,729 h 5,891 km 52 200,957 km/h 5. xullo 50 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes 1:34:55,831 h 5,891 km 52 193,530 km/h 10. xullo 51 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes 1:21:27,430 h 5,891 km 51 221,201 km/h 16. xullo 52 Sebastian Vettel Ferrari Ferrari 1:27:29,784 h 5,891 km 52 210,065 km/h 8. xullo 53 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes 1:21:08,452 h 5,891 km 52 226,420 km/h 14. xullo 54 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes 1:28:01,283 h 5,891 km 52 208,721 km/h 2. agosto 55 Max Verstappen Red Bull Honda 1:19:41,993 h 5,891 km 52 230,513 km/h 9. agosto Gran Premio do 70º aniversario 56 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes 1:58:23,284 h 5,891 km 52 155,251 km/h 18. xullo Reino Unido 57 Carlos Sainz Ferrari Ferrari 2:17:50,311 h 5,891 km 52 233,530 km/h 3. xullo 58 Max Verstappen Red Bull Honda RBPT 1:25:16.938 h 5,891 km 52 215,519 km/h 9. xullo 59 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes 1:22:27,059 h 5,891 km 52 222,919 km/h 7. xullo 60 Lando Norris McLaren Mercedes 1:37:15.735 h 5,891 km 52 188,970 km/h 6. xullo 61 Charles Leclerc Ferrari| Ferrari| 1:27:11,335 h 5,891 km 52 210,806 km/h 5. xullo RécordPiloto: Lewis Hamilton (8), Alain Prost (5), Jim Clark/Nigel Mansell/Michael Schumacher (3 cada un)País: Reino Unido (22), Alemaña (6), Francia (5)Construtor: Ferrari (15), McLaren (12), Mercedes/Williams (8 cada un)Motor: Ferrari (15), Mercedes (13), Renault (12)Pneu.: Goodyear (18), Pirelli (18), Bridgestone (10)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Páxina oficial do circuíto Circuíto de Silverstone

Categoría:Circuítos de Fórmula 1 Categoría:Gran Premio do Reino Unido de Fórmula 1 Categoría:Circuítos de carreiras do Reino Unido