Elias Lönnrot (pronunciación: [ˈɛlias ˈlœnruːt]), nado o 9 de abril de 1802 e finado o 19 de marzo de 1884), foi un filólogo finlandés, recolledor entusiasta de poesía tradicional oral finlandesa. Coñécese especialmente por compoñer o Kalevala, poema épico finlandés baseado nunha colección de obras poéticas das tradicións orais de Finlandia e de Carelia. Considéraselle un dos país da lingua finesa, tras o tradutor da Biblia ao finés, Mikael Agricola.

Obra en botánica Na botánica, Lönnrot escribiría o primeiro texto científico en finés Flora Fennica – Suomen Kasvisto en 1860, ampliada en 1866 coa axuda de Th. Saelan. Flora Fennica era unha obra moi detallada onde se recollían os usos dos vexetais e descricións de flores e folla, máis a súa grande innovación foi a do non usar o latín. Este libro fíxose famoso por Escandinavia

Obras Kalevala, 1836 Kantelatar, 1840 Loitsurunoja, 1829 e 1880

Tamén publicou coleccións de proverbios, adiviñas e poemas populares finlandeses. O seu dicionario finlandés-sueco (1866-1880) serviu para a normalización da lingua literaria.

Véxase tamén Kalevala. Lingua finesa. Literatura de Finlandia.

Categoría:Escritores de Finlandia Categoría:Escritores en lingua finesa Categoría:Filólogos de Finlandia Categoría:Lexicógrafos Categoría:Nados en 1802 Categoría:Finados en 1884