José Ignacio García Lapido, artisticamente coñecido como José Ignacio Lapido, nado en Granada o 26 de xuño de 1962, é un guitarrista español, escritor de cancións, cantante, columnista en prensa e escritor de guións para televisión. É coñecido por ser o guitarrista do grupo 091 antes de comezar a súa etapa en solitario.

Traxectoria Comezou a súa carreira musical alternando a batería e a guitarra en varias bandas no ano 1979. Coa última delas, Al-Dar, gravou o seu primeiro sinxelo en 1981: Somos nuevos. Aínda así, Lapido é coñecido sobre todo por ser o guitarrista e compositor das cancións da banda de rock granadina 091, formada no 1982. A partir de 1996 (ano da disolución dos Cero) iniciou a súa carreira en solitario.

Realizou colaboracións con outros grupos e músicos como Christiania, o pianista Sergio de la Puente e Eskorzo, e produciu discos para Contrabando e Dorian Gray. Escribiu cancións para bandas como M-Clan, Amparanoia, Babylon Chat ou Los Hermanos Dalton. Tamén compuxo música para curtas e teatro.

Un dos recoñecementos máis importantes foi o ser elixido (mediante votación dos lectores) como un dos "100 granadinos do século XX" polo diario Ideal e ademais, froito do seu excelente traballo, foi galardoado ao mellor disco de rock nos primeiros Premios da Música de Andalucía.

No 2005 faise empresario e crea o seu propio selo discográfico: Pentatonia Records.

Ladridos del perro mágico foi o seu primeiro traballo en solitario despois da separación de 091. Promoveu o disco en programas como "Crónicas marcianas" e tamén na televisión andaluza. A xira deste primeiro disco deixou un bo sabor de boca.

É destro e inseparable da súa Gibson SG, coa que conseguiu crear un son propio.

Discografía Álbums *Ladridos del perro mágico(1999)*Música celestial(2002)*En otro tiempo, en otro lugar(2005)*Cartografía(2008)

EPs *Luz de ciudades en llamas(2001)

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial Biografía nas páxinas do diario Ideal

Categoría:Cantantes de España Categoría:Compositores de España Categoría:Guitarristas de España Categoría:Nados en Granada Categoría:Nados en 1962