Apoxeo (do grego apos = lonxe, e gaia = Terra) é o punto da órbita elíptica que percorre un corpo (natural ou artificial) arredor da Terra, cando dito corpo se encontra máis lonxe do centro da mesma. O punto oposto, o máis preto ó centro da Terra, chámase perixeo. No caso dun planeta orbitando ó Sol, empréganse os termos análogos afelio e perihelio.

Apoxeo tamén se denomina ó período de maior auxe ou esplendor de algo.

Véxase tamén Perixeo Inclinación orbital

Categoría:Astrodinámica Categoría:Mecánica celeste