Manuel Acuña Roxas, nado en Roxas City (daquela Capiz) o 1 de xaneiro de 1892 e finado en Pampanga o 15 de abril de 1948, foi un avogado e político filipino, primeiro presidente da República de Filipinas, despois que o país se tornase independente dos Estados Unidos. Gobernou entre o 4 de xullo de 1946 ata a súa morte por ataque cardíaco, o 15 de abril de 1948.
Traxectoria Descendente de mexicanos, sino-filipinos e biscaíños, estudou Dereito na Universidade de Manila, graduándose na primeira promoción de 1913. Inmediatamente ingresou na política, converténdose en fiscal provincial. O 1921 foi elixido para a Casa dos Representantes.
miniatura|esquerda|Tumba de Manuel Roxas
Despois do establecemento da Mancomunidade de Filipinas (en inglés, Commonwealth of the Philippines), Roxas foi nomeado membro da Asemblea unicameral, e serviu no gabinete do presidente Manuel L. Quezon. Despois que as emendas á constitución de 1935 fosen aprobadas, foi elixido para o Senado, pero a invasión xaponesa durante a segunda guerra mundial impediu que asumise o cargo.
En 1942, Roxas foi capturado polas forzas de invasión xaponesas. Cando as tropas americanas reocuparon Filipinas, foi apresado como colaborador dos xaponeses, pero o xeneral Douglas MacArthur rehabilitouno. Nas eleccións de 1946 Roxas presentouse como candidato e foi elixido, converténdose en presidente o 4 de xullo dese mesmo ano. Morreu dun ataque do corazón na Base Aérea Clark, dos Estados Unidos, cando daba un discurso.
Categoría:Presidentes de Filipinas Categoría:Nados en Filipinas Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en 1948