Bisimbre é un concello aragonés da provincia de Zaragoza, situado na comarca do Campo de Borja. A súa poboación era de 118 habitantes en 2004 (INE). Ocupa unha área de 11,16 km², o cal lle confería unha densidade de 10,57 hab/km². Dista 57 km da cidade de Zaragoza e 12 km da capital comarcal, Borja. É unha das localidades (xunto a Borja e La Almunia de Doña Godina) onde filmouse a película "Nobleza Baturra"[IMDb] (1935, Florián Rey), facilmente recoñecible pola escena en que se rompe un cántaro no característico alicerce da praza principal.
Xeografía Situado nunha chaira dominada de lonxe polo Moncayo e, máis próximos, polos montes Burrén e Burrena, atópase nunha zona de depósitos cuaternarios da Depresión do Ebro na marxe dereita do Río Uecha, na comarca do campo de Borja.
Festas 11 a 15 de agosto. 5 a 9 de decembro, festas da Purísima.
Notas
Categoría:Concellos da provincia de Zaragoza