Beatrice Irene Sandström, nada en San Francisco (California) o 9 de agosto de 1910 e finada en Motala (Suecia) o 3 de setembro de 1995, foi unha das últimas superviventes ó naufraxio do RMS Titanic. Traxectoria Filla de Hjalmar Sandström (morto en 1925) e Agnes Sandström, irmá de Marguerite. Subiron ao RMS Titanic en Southampton como pasaxeiros de terceira clase. Durante moitos anos non recordou nada do naufraxio e podía contar só o que a outra xente contaba, pero unha vez dixo que cando ela era pequena sempre dicía: "Look, the Moon is falling down" (Mira, a lúa está a caer), Quizais recordaba as bengalas que durante o naufraxio ardían no estrelado ceo da noite do 15 de abril de 1912.

Viviu na cidade sueca de Motala, no condado de Östergötland.

Véxase tamén Ligazóns externas biografía

Categoría:Personalidades de Suecia Categoría:Nados en 1910 Categoría:Nados en San Francisco Categoría:Finados en 1995 Categoría:Pasaxeiros do RMS Titanic