Manuel Mesejo Campos, nado en Cuntis en 1901 e finado no mesmo concello o 9 de decembro de 1924, foi un poeta, dramaturgo e xornalista galego.

Traxectoria Fillo de labregos emigrados, primeiro na Habana e despois en Buenos Aires, foi un mozo cunha intensa actividade cultural: membro das Irmandades da Fala, actor e director teatral, autor de artigos e poemas en distintos medios (entre eles A Nosa Terra, El Compostelano, Diario de Galicia, El Ideal Gallego...), de varias novelas curtas e do poemario Manoxos; todas elas permanecen inéditas.

En 1922, despois de deixar os estudos, o mozo Manuel marchou á fronte a África, desde onde foi correspondente de guerra do xornal Galicia. Para este diario vigués enviaba os seus ‘Mosaicos del Rif’, asinados co pseudónimo de Frei Antón de Laiño e fortemente críticos coa actitude colonial dos españois en África. Compartiu tribuna en moitas ocasións con Xoán Xesús González e outros agraristas cuntienses en actos do movemento agrario local, nos que xostreaba sen tregua o caciquismo imperante na vila dos baños. Ademais ambos foron compañeiros de estudos en Maxisterio, e formaron parte da Asociación Normalista de Santiago, na que Xoán Xesús desempeñou o cargo de bibliotecario e Mesejo, o de vicepresidente.

O 9 de decembro de 1924 faleceu na súa casa de Cuntis, con tan só vinte e tres anos, a causa dunha tuberculose pulmonar.El Compostelano, 9-12-1924. p. 2. Foron moitos os artigos que neste momento publicou o seu veciño de Sevil, Xoán Xesús, enxalzando as súas calidades humanas, ideolóxicas e literarias. Este sería ademais o encargado de presidir os actos de homenaxe que se celebraron en Cuntis, que incluíron unha emotiva velada necrolóxica.El Pueblo Gallego, 28-12-1924, p. 2.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 1924 Categoría:Nados en Cuntis Categoría:Xornalistas de Cuntis Categoría:Finados por tuberculose Categoría:Correspondentes de guerra Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos