Equuleus ou Poldro é a segunda constelación máis pequena das 88 constelacións, só superada pola Cruz do Sur. A pesar disto e de no ser das máis brillantes (ningunha das súas estrelas supera a magnitude 4), foi unha das 48 constelacións catalogadas por Tolomeo.
Mitoloxía Equuleus é asociado có poldro Celaris, quen foi irmán do cabalo alado Pegaso. Celaris foi regalado a Castor por Mercurio.
Características notables Equleuus non é unha constelación particularmente destacada. A súa estrela máis brillante é α Equulei (Kitalpha), de magnitude 3,92.
Hai poucas estrelas variables en Equuleus. Só cerca de 25 son coñecidas, a meirande parte delas son escuras. γ Equulei é unha variable Alfa2 Canum Venaticorum, cun brillo que varía entre magnitude 4,58 e 4,77 cun período de case 12½ minutos. R Equulei é unha variable Mira cun brillo que oscila entre magnitude 8,0 e 15,7 nun período de preto de 261 días.
Equuleus contén algunhas estrelas dobres de interese. γ Equulei está formada por unha estrela primaria cunha magnitude de preto de 4,7 (lixeiramente variable) e unha estrela secundaria de magnitude 11.6, separadas por 2 segundos de arco. ε Equulei está formada por catro compoñentes. As tres máis brillantes son de magnitudes 6,0, 6,3, e 7,2. δ Equulei é unha estrela binaria cunha órbita periódica de 5,7 anos, este período orbital é o máis curto dos períodos orbitais para unha estrela do tipo binaria visual que se teña datado ata o momento. A separación das dúas compoñentes do sistema nunca supera os 0,35 segundos de arco.
Estrelas Estrelas con nome propio: (8/α Equ) 3,92 Kitalpha [Kitel Phard, Kitalphar] < قطعة الفرس qiţcat[u] al-faras Parte do cabalo
Estrelas con designación de Bayer: 10/β Equ 5,16; 5/γ Equ 4,70; 7/δ Equ 4,47; 1/ε Equ 5,30; 2/λ Equ 6,72 Estrelas con designación de Flamsteed: 3 Equ 5,63; 4 Equ 5,94; 6 Equ 6,07; 9 Equ 5,81
Táboa de estrelas Nome propio designación de Bayer designación de Flamsteed Outras designacións Ascensión recta declinación Magnitude aparente Épsilon Equulei ε 1 ADS 14499, Σ2737 20h 59m 04,4s +04° 17′ 37″ 5,23 3 21h 04m 34,7s +05° 30′ 10″ 5,61 4 21h 05m 26,7s +05° 57′ 30″ 5,94Gamma Equulei γ 5 ADS 14702AB 21h 10m 20,5s +10° 07′ 54″ 4,69v 6 ADS 14702D 21h 10m 31,2s +10° 02′ 56″ 6,07 Delta Equulei δ 7 ADS 14773 21h 14m 28,9s +10° 00′ 25″ 4,49 Kitalpha α 8 21h 15m 49,4s +05° 14′ 52″ 3,92 9 21h 21m 04,8s +07° 21′ 16″ 5,82Beta Equulei β 10 ADS 14920 21h 22m 53,6s +06° 48′ 40″ 5,16
Obxectos Notables do espazo profundo Debido a que é de tamaño pequeno e a súa distancia do plano da Vía Láctea, Equuleus non contén obxectos notables de espazo profundo. Son notables as galaxias NGC 7015, NGC 7040, NGC 7045 e NGC 7046.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Burnham, Robert (1978). Burnham's Celestial Handbook: An observer's guide to the universe beyond the solar system, volume 2. Dover Publications, Nova York, Nova York. The Bright Star Catalogue, 5th revised ed.
Ligazóns externas The Deep Photographic Guide to the Constellations: Equuleus Star Tales – Equuleus
Categoría:Constelacións