O Real Club Celta de Vigo Fortuna é un equipo de fútbol galego da cidade de Vigo. Foi fundado en 1927 como Turista Sport Club e foi un equipo independente ata 1989 cando se converteu no equipo filial do Celta de VigoHistorial del Real Club Celta de Vigo, S.A.D. «B» La Futbolteca. Na tempada 2025/26 finalizou a liga regular do grupo I da Primeira División RFEF en segunda posición, acadando o ascenso á Segunda División no play off de ascenso, converténdose así no primeiro filial dun club galego en participar na Liga de Fútbol Profesional.

Historia Club Turista Fundado en 1927 no concello de Lavadores, mantiña unha gran rivalidade co Gran Peña. Houbo dúas tentativas de fusión co devandito equipo, unha en 1967 impulsada polo Gran Peña e outra en 1987 proposta polo Turista, pero ningunha delas chegaría a acontencer, no primeiro caso pola negativa dos turistas e no segundo caso pola negativa dos grampeñistas.Cómo te echo de menos Faro de Vigo. 28 de novembro de 2010 En 1989, afogado polas débedas, o Club Turista acepta convertirse en filial do Celta de Vigo, pasando a chamarse Celta Turista.

Os trofeos do Club Turista foron recuperados pola Asociación de Veciños de Lavadores en 2009.

Filial do Celta Antes do Turista, os clubs filiais que tivo o Celta foron o Berbés e o Gran Peña (chamado durante aquela etapa Gran Peña Celtista).

A inicios dos anos 1990, a maioría dos clubs filiais son absorbidos polos seus clubs principais, transformándose en equipos dependentes.Clubs patrocinadores y filiales, equipos principales y dependientes La FutboltecaConfusión entre club filial y equipo dependiente El Fútbol y mas allá É o caso do Celta Turista, que pasa a ser en equipo dependente do Celta de Vigo en 1995, adoptando o nome de Real Club Celta de Vigo B.

Foi unha canteira prolifera, que deu lugar a xogadores como Borja Oubiña, Michel Salgado ou Xurxo Otero. Xogou dúas veces a liguiña de clasificación para a Segunda División, sen éxito.

No 2002 gañou a Copa Federación, ao impoñerse na final ao CF Gavàhttp://cfgava.blogspot.com.es/2011/06/copa-federacion-2002-el-gava-en.html.

No ano 2023, co gallo do centenario do Celta de Vigo, o nome do club pasou a ser Celta de Vigo Fortuna en lembranza do Real Club Fortuna de Vigo.

O 20 de xuño de 2026, após de terminar segundo na fase regular do grupo primeiro da Primeira Federación, acadou o ascenso á Segunda división tras derrotar por 4 goles a 1 en Balaídos á Ponferradina na final do play off de ascenso. Ademais, o encontro disputado en Balaídos significou o récord histórico de seareiros que asistiron a un partido do filial vigués, cunha asistencia de 18.007 espectadores. Na tempada 2026/27 converteuse no primeiro filial galego en disputar unha competición masculina de fútbol profesional.Malia manter durante anos relacións institucionais e deportivas estreitas, o Club Deportivo Xuvenil, que na tempada 1954/55 participou na Segunda división, nunca actuou oficialmente coma filial do Deportivo da Coruña. O primeiro encontro en Segunda División disputouse o 15 de agosto de 2026 no Novo Mirandilla fronte ao Cádiz CF, finalizando nun empate sen goles.

Nomes do club Turista Sport Club (1927–41) Club Deportivo Turista (1941–46) Turista Sociedad Cultural (1946–57) Club Turista (1957–89) Club Celta Turista (1989–95) Real Club Celta de Vigo, S.A.D. "B" (1995–2023)

Celta de Vigo Fortuna (2023-)

Estadio Estadio Municipal de Barreiro, con capacidade para 4.500 seareiros.

Xogadores Categoría principal: Xogadores do Celta de Vigo B. Cadro actual

Actualizado a 30 de xuño de 2026.

Altas e baixas 2022/23 AltasXogadorNacionalidadePosiciónProcedenciaTipoCusto15px   Alexis Olmedo<center> <center>25px|Defensa<center>Barça Atlètic<center> Traspaso<center>15px   Hugo Cuenca<center> <center>25px|Defensa<center>Genoa<center> Cesión<center>15px   Vlad Silva<center> <center>25px|Dianteiro<center>FC Paços de Ferreira <center><center>15px   Stefan Bajčetić<center> <center>25px|Defensa<center>Liverpool FC<center> Traspaso<center>

BaixasXogadorNacionalidadePosiciónDestinoTipoIngreso15px   Luis Bilbao<center> <center>25px|Dianteiro<center>Salamanca CF UDS<center><center>15px   Dela<center> <center>25px|Defensa<center><center><center>15px   Jaime Vázquez<center> <center>25px|Defensa<center>Real Oviedo<center> Fin de cesión<center>15px   Vicente Nunes<center> <center>25px|Defensa<center><center><center>

Goleadores por tempada Máximos goleadores por tempada Tempada Xogador P.Xogados P.Titular Minutos Goles Cos mesmos goles 1992–93 Manel 34 34 2.767 7 1993–94 Fidalgo 33 29 2.431 9 1994–95 ------------- ------------- ------------- ------------- ------------- ------------- 1995–96 ------------- ------------- ------------- ------------- ------------- ------------- 1996–97 Andrés Curiel 33 24 2.059 7 1997–98 ------------- ------------- ------------- ------------- ------------- ------------- 1998–99 ------------- ------------- ------------- ------------- ------------- ------------- 1999–00 ------------- ------------- ------------- ------------- ------------- ------------- 2000–01 ------------- ------------- ------------- ------------- ------------- 2001–02 David Pérez 29 28 2.515 6 2002–03 Alberto García 37 37 3.172 7 2003–04 Nacho Franco 34 32 2.860 15 2004–05 Goran Marić 35 35 2.827 9 Toni Moral 2005–06 Goran Marić 34 34 3.019 15 2006–07 Adrián Quintairos Bugallo 35 21 1.879 8 2007–08 Goran Marić 32 32 2.710 21 2008–09 Oriol Riera 36 31 2.660 10 2009–10 Álex López 36 35 3.033 13 2010–11 Mateo 32 32 2.721 10 2011–12 Jota Peleteiro 36 36 3.106 16 2012–13 Camochu34 - - - - - - 14 2013–14 Borja Iglesias 35 31 2.671 13 2014–15 Borja Iglesias 36 34 2.875 17 2015–16 Borja Iglesias 36 32 2.923 11 2016–17 Borja Iglesias 37 35 3.311 32 2017–18 Juan Hernández 41 41 3.644 15 2018–19 Iban Salvador 32 31 2.581 10 2019–20 Emmanuel Apeh 25 23 1.918 12 2020–21 Manu Justo 23 20 1.588 8 2021–22 Miguel Rodríguez 32 22 1.892 11 2022–23 Iker Losada 33 30 2.512 9 2023–24 Alfon 38 35 3.032 13 2024–25 Jordi Escobar 30 1.749 11 2025–26

Equipo técnico Adestrador - Fredi Preparador físico - Eduardo Covelo Mateo Adestrador de porteiros - Gael Martínez Potti Médico - Mario Galán Mustadi Fisioterapeuta - Manuel Ricis Guerra Encargados do material - Ángel Martínez Conde, Alfredo Alcántara Estévez Delegado - Ricardo Martínez Villar "Alemany"

Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 1 Tempadas en 1ª RFEF: 5 Tempadas en 2ªB: 22 Tempadas en 3ª: 38 Debut na Segunda división B: 92-93 Mellor posto na liga: 3º (Segunda división B tempada 2003-2004 e tamén na tempada 2016-2017) Peor posto na liga: 20º (Segunda división B tempadas 93-94 e 11-12)

Historial na liga TempadaCategoríaPosto1988/89Rex. Pref.    10px|ascenso|link=1989/903ª9º1990/913ª6º1991/923ª    10px|ascenso|link=1992/932ªB15º1993/942ªB    10px|descenso|link=1994/953ª3º1995/963ª    10px|ascenso|link=1996/972ªB    10px|descenso|link=1997/983ª3º1998/993ª2º1999/003ª1º2000/013ª    10px|ascenso|link=TempadaCategoríaPosto2001/022ªB13º2002/032ªB14º2003/042ªB3º2004/052ªB8º2005/062ªB15º2006/072ªB13º2007/082ªB8º2008/092ªB5º2009/102ªB9º2010/112ªB9º2011/122ªB    10px|descenso|link=2012/133ª    10px|ascenso|link=2013/142ªB18ºTempadaCategoríaPosto2014/152ªB13º2015/162ªB11°2016/172ªB3°2017/182ªB4°2018/192ªB16°2019/202ªB14º2020/212ªB1º2021/221ª RFEF6º2022/231ª RFEF5º2023/241ª RFEF4º2024/251ª RFEF8º2025/261ª RFEF2º 10px|ascenso|link=2026/272º

Adestradores Ramón Carnero, 1992–1993 Jacinto Barreiro, 1993-1994 Javier Maté, 1996–1997 Milo Abelleira, 1999–2003 Rafa Sáez, 2003-2004 Javier Maté, 2004 Rafa Sáez, 2004-2007 Alejandro Menéndez, 2007-2008 Chuti Molina, 2008 Alejandro Menéndez, 2008-2009 Milo Abelleira, 2009-2011 Fonsi Valverde, 2011–2012 Pichi Lucas, 2012 David de Dios, 2013-2014 Fredi Álvarez, 2014 Javi López, 2014–2015 Toni Otero, 2015 Javier Torres Gómez, 2015–2016 Alejandro Menéndez, 2016–2017 Rubén Albés, 2017–2019 Jacobo Montes, 2019–2020 Onésimo Sánchez, 2020–2022 Claudio Giráldez 2022-24 Fredi Álvarez 2023-

Palmarés Campión da Terceira División (2): 1999–00, 2000–01 Subcampión da Terceira División (3): 1991–92, 1998–99, 2012–13 Campión da Copa RFEF (1): 2002 Campión da Fase Autonómica Galega da Copa RFEF (4): 2001/02, 2003/04, 2004/05, 2006/07 Campión do Subgrupo-1 2ª división B española (1): 2020-21

Pichichi Futbolista Categoría Temporada GolesGoran Maric 2.ª División B 2007/08 21Borja Iglesias 2.ª División B 2016/17 34

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Equipos de fútbol filiais de Galicia Categoría:Celta de Vigo Categoría:Equipos do grupo 1 da Primeira División RFEF