250px|dereita|miniatura|Un F/A-18 Hornet a velocidade transónica xusto antes de acadar a velocidade do son. O Número de Mach ( ou ) é a relación que existe entre a velocidade dun corpo que se despraza nun determinado medio e a velocidade do son nese fluído nas mesmas condicións físicas, en particular á mesma temperatura e presión. Recibe o nome do físico e filósofo austríaco Ernst Mach. Utilízase a miúdo para representar a velocidade dun obxecto que viaxa a velocidades próximas ou superiores á do son.
Cálculo O número de Mach é un número empregado de xeito usual para expresa-las velocidades dos avións. Cando se fala de Mach 1, estase a dicir que o avión voa á velocidade do son, Mach 2 fai referencia a que a súa velocidade é dúas veces a velocidade do son etc. Como a velocidade do son nun determinado medio depende, entre outros factores, da temperatura, a velocidade dun avión viaxando a Mach 1 dependerá da súa e das condicións atmosféricas.
Os réximes de voo das aeronaves clasifícanse segundo o número de Mach do seguinte xeito: Subsónico: M < 0,7 Transónico: 0,7 < M < 1,2 Supersónico: 1,2 < M < 5 Hipersónico: M > 5
O seu valor está expresado pola seguinte fórmula:
onde
é o número de Mach é a velocidade do obxecto (relativa á do medio) é a velocidade do son no medio
Categoría:Aeronáutica Categoría:Magnitudes físicas