As normas de calidade son unhas especificacións técnicas ou calquera outro documento accesíbel ao público, que teñen como obxectivo o grao de cumprimento das expectativas dun cliente ou usuario.

Normas ISO de calidade As normas ISO, da Organización Internacional para a Estandarización de calidade, son un grupo de normas internacionais pensadas para a implantación e aseguramento dun sistema de calidade nas empresas. Isto comporta a capacidade do sistema de someterse a auditorías externas do cliente ou dun organismo terceiro contratado por este. No Estado español desígnanse: UNE-EN-ISO 9000 / 1 / 2 / 3.

As normas internacionais ISO especifican os requisitos que debe cumprir un sistema de calidade cando un contrato entre dúas partes esixe que se demostre a capacidade para deseñar e subministrar un servizo ou produto.

Os protocolos de ISO, requiren que todas as normas sexan revisadas como mínimo cada cinco anos para determinar se deben ser confirmadas, modificadas ou retiradas.

Categoría:Tecnoloxía