Les Andelys é un concello do departamento de Eure, Normandía, Francia. Sitúase na confluencia de tres vales. En 1999 tiña 9047 habitantes divididos en dúas zonas ben diferenciadas, Grand-Andely e Petit-Andely.

Historia En orixe unha vila galo-romana, Ricardo I de Inglaterra mandou construír a fortaleza de Château-Gaillard (1198), para protexer o ducado de Normandía dos reis de Francia. As tropas de Filipe II de Francia capturárono despois dun longo sitio no ano 1203.

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial do concello (en francés e inglés)

Categoría:Cidades de Francia Categoría:Concellos do departamento de Eure