O Rijksmuseum ou Museo Nacional de Ámsterdam, é un museo situado na famosa praza de Museumplein de Ámsterdam (Países Baixos). Está dedicado á arte, a artesanía e a historia. Posúe unha extensa colección de pinturas do Século de Ouro holandés e unha substancial colección de arte asiática.
O Rijksmuseum alberga obras de Frans Hals, Rubens, Johannes Vermeer, Jan Vermeer, Jan Steen, Fra Angelico, Geertgen tot Sint Jans, Ferdinand Bol, Nicolaes Maes, Guerrit Dou, Jacob van Ruisdael, Lucas van Leyden, Jan Brueghel o Vello e do mestre Rembrandt van Rijn.
Destacan sobre todo as obras deste último: A rolda de noite, A noiva xudía, A árbore de Xesé, A morte dos inocentes e varias paisaxes dos Países Baixos.
Historia miniatura|esquerda|250px|O Rijksmuseum cara a 1895 miniatura|Sala do Pavillón Phillips. miniatura|A rolda de noite na sala Phillisps Este museo foi fundado en 1800, promovido polo financeiro Alexander Gorel. Abriu o 31 de maio do mesmo ano, seguindo o exemplo do Louvre. A súa primeira sede foi o Palacio de Frederik Hendrik en Huis ten Bosh, preto da Haia, e exhibía as coleccións dos estatúders holandeses.
Por aquela época coñecíaselle como a Galería Nacional de Arte (Nationale Kunst-Gallerij). En 1808 foi trasladado a Ámsterdam por orde do rei Luís Napoleón, irmán de Napoleón Bonaparte. A colección de arte instalouse nunha sala grande e dúas salas pequenas do Palacio Real. Ao principio constaba da colección do Museo Nacional da Haia, e logo os cadros pertencentes á cidade de acollida, tales como A rolda de noite, convertéronse en parte da colección.
Durante todo o século XIX o museo cambiou de localización varias veces e foise ampliando a colección. Adquiríronse 63 obras dunha colección de Rotterdam e máis de 587 obras a fins de 1814.
Finalmente, o 13 de marzo de 1885 trasladouse á súa actual localización, un edificio construído polo arquitecto holandés Pierre Cuypers, quen combinou elementos góticos e renacentistas e decorouno ricamente con referencias á historia da arte holandesa. O edificio, que en 1970 obtivo a consideración de monumento nacional dos Países Baixos (rijksmonument), ocupa un destacado lugar na Museumplein (Praza dos museos), preto do Museo van Gogh e o Museo Stedelijk.Ficha de inscrición do edificio no Rijksmonumentenregister (en neerlandés)
Dende 2003 e ata 2010, o museo atópase en obras de restauración e renovación baixo a dirección de dous arquitectos españois, Antonio Cruz e Antonio Ortiz. Moitas das antigas decoracións interiores serán restauradas e cambiaranse os chans dos patios.
Dende 2005 o 95% do conxunto está pechado polas reformas, e durante todo este proceso unicamente algunhas pinturas das coleccións permanentes séguense exhibindo nunha sala especial chamada As obras mestras no recentemente restaurado pavillón Phillips.
Este proxecto viuse envolvido en certa controversia porque os ciclistas, numerosos na cidade, denunciaron obstáculos nun arco do edificio que adoitaban cruzar. O proxecto tivo que ser modificado.
Colección O Rijksmuseum dispón dunha brillante colección de pintura dos Países Baixos, do período comprendido entre os séculos XV e XX, aínda que sobresae a do século XVII, con obras fundamentais de Rembrandt e Vermeer. Posúe así mesmo unha valiosa colección de pintura estranxeira, con algunhas obras de Goya e de mestres italianos do Renacemento e Barroco. É igualmente notable o fondo de debuxos e gravados.
Rembrandt van Rijn dereita|miniatura|A rolda de noite Rembrandt 1642. Óleo sobre lenzo. Pinturas da colección de Rembrandt van Rijn:
A rolda de noite Os síndicos dos paneiros A noiva xudía Lección de anatomía do doutor Deyman Pedro negando a Cristo Saskia cun velo Retrato con hábito Autorretrato como Paulo o Apóstolo Tobías, Ana e a Cabra
Johannes Vermeer miniatura|dereita|A leiteira (1658-1660) de Vermer.miniatura|Retrato dunha parella de Hals.
Pinturas da colección de Johannes Vermeer:
A leiteira A carta de amor A rapaza de azul lendo unha carta A ruela
Frans Hals Pinturas da colección de Frans Hals: Retrato dunha parella Compañía do capitán Reynier Reael O alegre bebedor Lucas De Clercq Retrato de Nicolaes Hasselaer Retrato dun home
Jan Steen dereita|miniatura|O burgomestre de Delft e a súa filla Jan Steen 1655. Óleo sobre lenzo. Pinturas da colección de Jan Steen: A festa de San Nicolás A parella bébeda O retrete Adolf en Catharina Croeser Arent Oostwaard e a súa muller O burgomestre de Delft e a súa filla
Galería de obras mestras
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Sitio web oficial, en seis idiomas. Información sobre Rijksmuseum e compra de entradas Colección virtual de obras mestras Pinturas do Rijksmuseum
Categoría:Rijksmuseum Categoría:Rijksmonument