thumb| Aquila heliaca A aguia imperial oriental (Aquila heliaca) é unha ave rapaz, semellante á aguia real, pero un pouco máis pequena (80 cm de longo e 200 cm de envergadura).
Atópase no sueste de Europa e Oeste e Centro de Asia. No inverno migra a África, a India e a China.
Na Europa a aguia está en serio perigo de extinción, e xa desapareceu da Hungría e da Austria. En España quedan 170 parellas, nos últimos anos detéctase unha pequena recuperación, sobre todo no parque de Doñana.
Habita en campo aberto con pequenos bosques e aniña en árbores solitarias.
A poboación en España, Portugal e parte de Marrocos era considerada anteriormente unha subespecie, pero é agora unha especie propia (Aguia imperial ibérica, Aquila adalberti).
Notas
Categoría:Accipítridos Categoría:Animais descritos en 1809 Categoría:Aves de Eurasia