Duelo de águilas é unha novela de Antonio Ruibérriz, editada en novembro de 2007 pola editorial De librum tremens.

Trama

A novela narra as historias dun mozo partícipe na guerra civil española e a segunda guerra mundial, estando ficticiamente baseada en feitos reais, grazas á achega dunha anciá inglesa amante do protagonista, que lle deu os seus diarios ó autor.

Martín Lara é o personaxe en torno ó que xira a trama, soldado e aviador no bando nacional durante a guerra civil e piloto da RAF na segunda contenda mundial. Asasinada toda a súa familia pola represión republicana, é un personaxe cheo de tristeza e dor. Cunha curta vida, xa que é derrubado pola Luftwaffe en Francia, porén non exenta de numerosas aventuras e sentimentos.

Categoría:Novelas en castelán Categoría:Artigos sen imaxes Categoría:Obras literarias de 2007