San Fagundo da Pereira é unha parroquia do concello de Entrimo, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. En 2007 tiña 126 habitantes (54 homes e 72 mulleres).

A Pereira na literatura popular Desde o Outeiro a Guxinde/ hai unha boa tirada;/ cantas pasadas eu dou/ por ir ver á miña amada Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 69. No orixinal: Gaxinde. Resulta imposible identificar este Outeiro; Guxinde é lugar da parroquia da Pereira, concello de Entrimo.. María, miña María,/ miña repimpinadeira,/ como te vai a levar/ ise tolo da Pereira! Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 93). San Facundo da Pereira é unha parroquia do concello de Entrimo.. Niste lugar de Guxinde,/ ao revolver das ladeiras,/ pasade coa faldra fóra/ pola mor das costureiras Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 108. No orixinal: fora.. Niste lugar de Guxinde,/ no pasar polas ladeiras,/ pasade coa faldra fóra/ pola mor das feiticeiras Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 108. No orixinal: fora. Crese que andar coa faldra fóra'' escorrenta as bruxas, quizais por semellanza coa alba dos sacerdotes. Guxinde é lugar da parroquia de San Facundo da Pereira, no concello de Entrimo..

Lugares e parroquias Lugares da Pereira

Parroquias de Entrimo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Entrimo

Categoría:Parroquias de Entrimo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Fagundo