San Martiño de Grou é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Lobeira. Segundo o IGE en 2021 tiña 9 habitantes (4 homes e 5 mulleres) establecidos nunha única entidade de poboación, o lugar de Cabaleiros. Este lugar xunto co do Valoiro da parroquia homónima do concello de Lobios, forman a parroquia eclesiástica de San Martiño de Grou do arciprestado da Baixa Limia da diocese de Ourense.

San Martiño na literatura popular O lugar de Cabaleiros/ é un lugar moi sombrizo;/ prenden os amores nil/ coma o salgueiro no río Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 119. Cabaleiros é o único lugar da parroquia de San Martiño de Grou, no concello de Lobeira. Porén, Xaquín Lorenzo afirma que é o nome que recibe a terra onde asenta a parroquia, formada polos lugares de Valdoi, Paraño, Mosteiro e Valoiro. Hoxe os tres primeiros lugares xa non existen (na Limia Baixa) e O Valoiro é lugar da parroquia de San Martiño de Grou de Lobios..

Lugares e parroquias Lugares de San Martiño de Grou

Parroquias de Lobeira

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Lobeira San Martiño de Grou San Martiño de Grou, Lobios

Categoría:Parroquias de Lobeira Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Martiño Categoría:Parroquias civís galegas que non coinciden coas eclesiásticas