Non confundir con Jenaro de la Fuente Domínguez (1851-1922), o pai. Jenaro de la Fuente Álvarez, nado en Vigo o 30 de abril de 1891 e finado na mesma cidade o 4 de xaneiro de 1963, foi un arquitecto galego, un dos incursores do movemento modernista en Vigo. Inicialmente usará motivos próximos á Art Nouveau, sen perder o uso do estilo eclecticista. Entre outros estilos traballou o academicismo e o racionalismo. miniatura|Edificio para Emilio Méndez (La Peineta), Urzáiz esquina Lepanto, 1926. Traxectoria Era fillo de Jenaro de la Fuente Domínguez, mestre de obras e facultativo municipal do concelloVida e obra de Jenaro de la Fuente Domínguez. Obtivo o título de arquitectura en Madrid no ano 1921 á idade de 30 anos. miniatura|Vivendas para a Compañía Carbonera proxectado en 1942. Logo de cursar os seus estudos decidiu instalarse en Vigo onde comezaría a súa carreira profesional. Ao ano seguinte de chegar á cidade, o seu pai falecería aos 71 anos de idade, deixando vacante o seu cargo de arquitecto municipal, posto que ocuparía o fillo.
Por aquel entón, en Vigo só había tres arquitectos: Jacobo Esténs Romeu, Xosé Franco Montes e Manuel Gómez Román, que era o que máis traballo desenvolvía na cidade.
A pesar de ser Vigo a cidade onde levou a cabo a meirande parte dos seus traballos, tamén fixo proxectos noutras cidades como Santiago de Compostela, onde destacan a Cidade-Xardín da Rosaleda e a Cidade Universitaria.
Faleceu en 1963 aos 72 anos de idade, deixando un legado arquitectónico de gran beleza, que non está completo xa que algúns dos seus edificios foron derrubados para especular cos seus soares e edificar en altura.
Obra destacada en Vigo miniatura|Pérgola, en Bouzas dende 2005. Casa para Eligio Prieto Iglesias, na rúa do Príncipe n.º 12, 1925 Edificio para Emilio Méndez (La Peineta), Urzáiz esquina Lepanto, 1926 Casa de vivendas da rúa Uruguai n.º 11, 1927.Vivendas da rúa Uruguay en Turgalicia. Pérgola da praza de Portugal, 1928, en Bouzas dende o ano 2005.Bouzas luce pérgola... La Voz de Galicia, 7/11/2005. Estadio Municipal de Balaídos, 1928. Edificio comercial con fachada ás rúas Policarpo Sanz (norte) e Príncipe (sur).Edificio comercial de Príncipe en Turgalicia. Garaxe Americano, na rúa García Barbón 29, 1929.Garaxe Americano en Turgalicia. Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo (Peritos), r/ Torrecedeira, 1931-1941.Edificio de Peritos en Turgalicia. Edificio de María Iglesias Curty, na esquina da P.ª de Compostela coa r/ Reconquista, 1940.Casa para María Iglesias Curty en Turgalicia Vivendas para a Compañía Carbonera, n.os 6, 7, e 9 da praza de Compostela. 1942. Vivendas para os irmáns Suárez Eire e Purificación Suárez Vázquez, P.ª de Compostela 17. 1944. Edificio Candeira ou edificio para Rosa Candeira, Pi i Margall, 79, Vigo, 1954. Escola Superior de Comercio, na rúa Conde Torrecedeira, 1944.Hoxe (moi modificada) Escola Universitaria de Estudos Empresariais «La Escuela de Comercio...» Faro de Vigo. Edificio Aurora Polar, 1959, no 24 da rúa República Arxentina, esquina Urzáiz. Instituto Feminino Nosa Señora da Guía (despois San Tomé de Freixeiro), na Gran Vía de Vigo, 1962.Fundación docomomo .
Outras obras Residencia Universitaria da Universidade de Santiago de Compostela, 1930.Nuestra Universidad Facultade de Ciencias, 1960.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía . Artigo "FUENTE ÁLVAREZ, Jenaro de la" da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (en DVD). (2000): Arquitectura da pedra en Vigo, pp. 391–411. Galaxia e Construcciones Conde. ISBN 84-605-9897-7. Outros artigos Jenaro de la Fuente Domínguez Ligazóns externas Arquitectura y urbanismo de Vigo