San Pedro de Miraz é unha parroquia pertencente ó concello lugués de Xermade. Delimita coas parroquias de Piñeiro, Momán, Xermade e Cabreiros, facendo límite provincial coa parroquia do Aparral, no concello coruñés das Pontes de García Rodríguez.
Segundo o INE, en 2025 tiña 43 habitantes (23 homes e 20 mulleres), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación a 2011, cando tiña 61 habitantes. En 1991 tiña 107 habitantes.
Na parroquia pódense encontrar numerosos vestixios prehistóricos, coma no resto do concello ó que pertence. Destaca na igrexa da parroquia un retablo salomónico.
Lugares e parroquias Lugares de Miraz
Parroquias de Xermade
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Xermade
Categoría:Parroquias de Xermade Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro