Alva Reimer Myrdal, nada en Uppsala o 31 de xaneiro de 1902 e finada en Danderyd o 1 de febreiro de 1986,Muñoz, L. G. (2012). Alva Myrdal. El Ciervo: revista mensual de pensamiento y cultura, (738), 42. foi unha diplomática sueca que recibiu en 1982 o Premio Nobel da Paz polos seus esforzos polo desarmamento.

Alcanzou notoriedade pública na década de 1930 como coautora —xunto con Gunnar Myrdal—, dun libro titulado Crise in the Population Question e foi unha das principais forzas dirixentes na creación do estado do benestar sueco. A premisa básica do libro é entender que as reformas sociais son necesarias para permitir a liberdade individual (sobre todo das mulleres) á vez que se promove a natalidade.

En 1956 xunto a Viola Klein publicou un libro, Women’s Two Roles: Home and Work, que presentaría unha imaxe comparativa da posición no mercado laboral e a situación doméstica das mulleres en Suecia, Alemaña, Francia e Estados Unidos.

Notas

Categoría:Premio Nobel da Paz Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1986 Categoría:Nados no condado de Uppsala Categoría:Premios Nobel de Suecia Categoría:Alumnos da Universidade de Uppsala Categoría:Alumnos da Universidade de Estocolmo