Hans Adolf Krebs, nado en Hildesheim, Baixa Saxonia, o 25 de agosto de 1900 e finado en Oxford o 22 de novembro de 1981, foi un médico e bioquímico alemán. É máis coñecido por ter identificado dous importantes ciclos metabólicos: o ciclo da urea e o ciclo do ácido cítrico. Este último é unha secuencia de reaccións químicas metabólicas que producen enerxía nas células e que pasou a ser coñecida como Ciclo de Krebs, polo que lle concedeu o Premio Nobel de Medicina de 1953.
Categoría:Premio Nobel de Medicina Categoría:Nados en 1900 Categoría:Médicos de Alemaña Categoría:Finados en 1981 Categoría:Premios Nobel do Reino Unido Categoría:Nados na Baixa Saxonia Categoría:Membros da Royal Society Categoría:Bioquímicos de Alemaña Categoría:Alumnos da Universidade Humboldt de Berlín Categoría:Premios Nobel de Alemaña