miniatura|dereita|275px|Centro urbano de Vaduz Vaduz é a capital do principado de Liechtenstein. É a sede do goberno do Principado e o lugar de residencia da familia principesca desde 1939. A cidade acolle tamén a sede do Arcebispado de Liechtenstein, á par que constitúe unha recoñecida praza financeira internacional.
Contaba con 5.214 habitantes en 2010Ville de Vaduz e o seu termo urbano esténdese sobre 17,3 km². Está bañada polo río Rin e situada a 455 metros de altitude.
Topónimo O nome de "Vaduz" aparece mencionado por primeira vez no ano 1150 e polo que parece provén de avadutg, que en lingua romanche significa «acueduto». Alternativamente ofrécese a explicación dunha evolución híbrida do latín vallis "val" e o antigo alto alemán diutisk, "alemán" (deutsch en alemán moderno).
Historia Desde mediados do século XIV, o castelo de Vaduz era a residencia dos condes de igual nome. En 1719, o conde de Vaduz e a comunidade de Schellenberg uníronse para formar un principado que tomou o nome de Liechtenstein. Desde 1723, o principado obtivo o dereito de sentar e votar no Reichstag (o parlamento ou dieta do Sacro Imperio Romano Xermánico).
No ano 1948 a empresa do municipio de Mauren Contina AG, a 15 km de Vaduz, saca ao mercado a primeira calculadora de peto, a CURTA Tipo I, un invento mecánico de Curt Herzstark deseñado precariamente cando era un preso no campo de concentración de Buchenwald. O dispositivo permitía realizar operacións de suma, resta, multiplicación, división, e raíces cadradas. Foron moi populares ata o 1970, coa chegada da calculadora electrónica.https://antiguedadesrusticas.com/detalles/curta-tipo-i-1952/7816.html
Política O Gemeinderat ou Concello Municipal é elixido por catro anos por votación popular e ten 12 membros.
En xuño de 2001 asinouse en Vaduz a convención da Asociación Europea de Libre Comercio, que liberalizaba o comercio entre os Estados membros incluíndo nos acordos para todos os países os avances en comercio entre Suíza e a Unión Europea.https://link.springer.com/chapter/10.1007/978-1-349-68398-7_14
A concelleira durante o período 2019 a 2023 Petra Miescher do partido liberal-conservador Unión Patriótica foi escollida alcaldesa no ano 2023 co 55,3 % dos votos, en substitución de Manfred Bischof. Renunciou ao cargo o 24 de maio de 2024 tras unha prolongada baixa médica, o que abriu un debate legal sobre o método de sucesión, xa nin que a lei municipal bipartidista de 1974, nin a revisión de 1996, contemplaban o caso. Finalmente foi o tenente de alcalde, Vizebürgermeister Florian Meier, o nomeado para ocupar o cargo ata que se celebren eleccións o 25 de agosto de 2024.
Monumentos e sitios de interese miniatura|150px|dereita|Museo de Belas Artes de Liechtenstein en Vaduz A salientar: Castelo principesco, remonta ao século XII, con galerías de madeira e arrodeado de viñedos, domina sobre a cidade. Catedral e igrexa parroquial urbana de St. Florin , edificación neogótica construída entre os anos 1868 e 1873. Museo de Belas Artes de Liechtenstein (Kunstmuseum Liechtenstein), inaugurado no ano 2000, contén coleccións artísticas que abranguen do século XIX á actualidade. Museo Postal.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial de Vaduz Museo Postal de Vaduz Museo de Belas Artes de Liechtenstein)
Categoría:Vaduz