miniatura|dereita|300px|A flor da herba de San Roberto (Geranium robertianum) ten simetría radial ou actinomorfa.
O adxectivo actinomorfo, do grego ακτίσ, ακτινος aktís, aktînos, "raio (dunha roda)" e μορφή morphé, "forma", "aparencia", aplícase, en botánica, á planta ou a calquera das súas partes, especialmente ás flores, que teñen simetría radial.Sociedad Española de Ciencias Forestales (2005): Diccionario Forestal. Mundi-Prensa. Isto quere dicir que estes órganos teñen, polo menos, dous planos de simetría. Así, son actinormorfos os caules con follas opostas verticiladas, as flores chamadas tamén regulares etc. Son sinónimos de actinomorfo —ademais de radial— regular, polisimétrico e multilateral.Font Quer, P. (1993). Oponse ao termo zigomorfo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Font Quer; P. (1993): Diccionario de botánica. Barcelona: Editorial Labor. ISBN 84-335-0078-3. Outros artigos Simetría radial Zigomorfo
Categoría:Simetría Categoría:Termos botánicos