América (), as Américas, ou o Novo Mundo é unha división do mundo que se estende no Hemisferio Occidental desde o océano Ártico polo norte até case o océano Antártico polo sur, e está entre o océano Pacífico ao oeste, e o océano Atlántico ao leste. Está formado por dous subcontinentes (América do Norte e América do Sur), unidos por un estreito istmo. O seu nome deriva do explorador europeo Américo Vespucio.

É frecuente a sinécdoque de referirse con este nome aos Estados Unidos de América.

Xeografía física Hai moitas semellanzas xerais entre os dous subcontinentes de América. Ambos os dous teñen montañas moi altas nas súas rexións occidentais e montañas máis pequenas no leste. Ademais, estas montañas occidentais e orientais están separadas por grandes extensións de terra chá. Os extremos de América no norte e no sur son ambos os dous máis fríos, e a terra no centro é máis quente e tropical. Tamén, cada continente ten un río importante, máis grande que todos os outros: o río Amazonas en Suramérica, e o río Mississippi en América do Norte.

Etnografía A poboación americana está constituída polos descendentes de 3 grandes grupos étnicos e a súa mestura: amerindios e esquimós (que constituíron os habitantes autóctonos de América); europeos (de orixe británica, española, francesa, portuguesa, alemá, italiana e holandesa sobre todo), e africanos negros descendentes de escravos. Hai tamén outros emigrantes máis recentes, como os árabes de Oriente Medio e os chineses e xaponeses.

Idiomas miniatura|300px Fálanse varios idiomas europeos e indíxenas en América. O idioma máis falado en América é o español, falado como lingua nativa por máis de 350 millóns de persoas en moitas nacións, rexións, illas e comunidades ao longo do continente.

Outros idiomas importantes son (enumerado por número de falantes):

Inglés - 300-325 millóns de falantes nos Estados Unidos de América, Güiana, Illas Malvinas, a maioría do Canadá, e varias illas no mar Caribe. Portugués - 189 millóns de falantes, predominantemente no Brasil. Francés - Aproximadamente 10-15 millóns de falantes en Haití, Güiana Francesa, partes do Canadá, Saint-Pierre-et-Miquelon, e varias illas francesas no mar Caribe. Quechua - Falado por moita xente indíxena, 10-13 millóns, nos Andes, especialmente en Bolivia, o Perú e Ecuador. Guaraní - Aproximadamente 6 millóns de falantes no centro de Suramérica, predominantemente en Paraguai.

En menor medida, tamén se falan: Aimará - lingua indíxena falada nos Andes, especialmente en Bolivia. Quiché - lingua indíxena falada en Guatemala e o sur de México. Náhuatl - lingua indíxena falada no centro de México por 1,5 millóns de persoas. Neerlandés - falado nas Antillas Neerlandesas, Aruba e Suriname. Mapuche (ou mapudungun) - lingua indíxena falada por aproximadamente 440 mil persoas en Chile e a Arxentina.

Coa inmigración, hai moitas comunidades onde se falan outros idiomas de todas as partes do mundo, especialmente nos Estados Unidos e no Canadá, dous destinos importantes para os inmigrantes.

O total de idiomas de América supera a centena.

Historia Segundo a teoría máis aceptada actualmente, os amerindios descenden de grupos de cazadores-recolectores de orixe siberiana que migraron a América polo estreito de Bering durante a última glaciación. A súa situación de illamento físico durante milenios respecto ás sociedades do Vello Mundo, permitiu o desenvolvemento de sociedades autónomas e moi orixinais, como os maias, os aztecas e os incas.

A partir de finais do século XV, produciuse a conquista europea do continente.

Xeografía política Como resultado deste devir histórico, América conta actualmente cos seguintes países e dependencias: Mapa de América|dereita|300px

América do Norte Canadá Estados Unidos de América México Groenlandia (Dinamarca) Saint-Pierre-et-Miquelon (Francia)

América Central Belize Costa Rica O Salvador Guatemala Honduras Nicaragua Panamá Antiga e Barbuda Aruba (Países Baixos) Bahamas Barbados Cuba Dominica Granada Guadalupe (Francia) Haití Xamaica Martinica (Francia) Porto Rico (Estados Unidos de América) República Dominicana San Cristobo e Nevis San Vicente e as Granadinas Santa Lucía Trinidad e Tobago Antillas Holandesas (Países Baixos) Illas Caimán (Reino Unido) Illas Virxes Americanas (Estados Unidos de América) Illas Virxes Británicas (Reino Unido)

América do Sur Arxentina Bolivia Brasil Chile Colombia Ecuador Güiana Francesa (Francia) Güiana Paraguai Perú Suriname Uruguai Venezuela Illas Malvinas (Reino Unido)

Véxase tamén Outros artigos América Latina Descolonización de América

Categoría:América