1898 (MDCCCXCVIII) foi un ano común comezado en sábado segundo o calendario gregoriano.
Acontecementos 1 de xaneiro - Cuba: O Goberno autónomo asume as súas funcións e comeza a gobernar. 15 de febreiro - O navío USS Maine explota no porto de Habana, Cuba por razóns descoñecidas (hoxe se cre que foi unha falla interna). Os Estados Unidos utilizan a explosión como un pretexto para comezar unha guerra con España. O saldo desta guerra foi a derrota española e a perda de Cuba, Porto Rico, Guam e Filipinas para os EEUU. 24 de abril - España declara guerra a Estados Unidos de América. 12 de xuño - O xeneral Emilio Aguinaldo declara as Filipinas independentes de España. 18 de xullo - Marie Curie e Pierre Curie descobren un novo elemento químico, que chaman Polonio. 13 de agosto - Auguste Honoré Charlois, dende Niza, e por Gustav Witt dende Berlín descobren o asteroide 433 Eros. 3 de outubro - Circula por Madrid o primeiro tranvía eléctrico. 10 de outubro - España: A sinatura do tratado de París por fin a Guerra Hispano-Estadounidense pola illa de Cuba. miniatura|29 de agosto de 1898, repatriados de Cuba. Ciencia e tecnoloxía O investigador xaponés Kiyoshi Shiga descobre unha das bacterias causantes da disentería: a shigella ou bacilo de Shiga.
Nacementos 1 de xaneiro - Valentine Penrose, poeta surrealista. 1 de xaneiro - María Luz Morales, escritora, xornalista e tradutora galega (m. 1980) 3 de xaneiro - Marion Davies, actriz de cine estadounidense. 4 de xaneiro - Manuel Roel Longueira, escritor e xornalista galego. 7 de xaneiro - Xulio Sigüenza, xornalista e escritor galego. 21 de xaneiro - Francisco Paradela Núñez, comerciante e dramaturgo galego (m. 1936). 22 de xaneiro - Lois Carré Alvarellos, etnógrafo e escritor galego. 10 de febreiro - Bertolt Brecht, dramaturgo alemán. 10 de febreiro - Margot Sponer, lingüista alemá pioneira dos estudos galegos no mundo. 21 de febreiro - Domingo Pardo Corredoira, sindicalista e político galego. 26 de febreiro - Roberto González Pastoriza, avogado e político galego. 12 de marzo - Tian Han, escritor e dramaturgo chinés. 2 de abril - Francisco Varela Garrido, político galego (m. 1937). 22 de abril - José Vázquez Vigo, músico e compositor galego. 23 de abril - Valentín Paz-Andrade, político e escritor galego. 26 de maio - Andrés Rodríguez Barbeito, xornalista, diplomático e político galego. (m. 1968). 5 de xuño - Federico García Lorca, poeta e dramaturgo español (m. 1936). 17 de xuño - Maurits Cornelis Escher, artista holandés. 19 de xullo - Herbert Marcuse, filósofo e sociólogo alemán. 30 de xullo - Henry Moore, escultor británico. 3 de setembro - Marcial Fernández Vázquez, mestre e político galego (m. 1963). 11 de setembro - Manuel Bergueiro, mestre e escritor galego. 26 de setembro - George Gershwin, compositor norteamericano. 14 de outubro - Juan González del Valle, profesor, escritor e político galego (m. 1941). 11 de novembro - René Clair, cineasta francés. 21 de novembro - René Magritte, artista surrealista belga (m. 1967). 22 de novembro - Leandro Pita Romero, político, diplomático e xornalista galego. 14 de decembro - Olimpia Valencia, primeira médica galega.
Mortes 14 de xaneiro - Lewis Carroll, lóxico, matemático, fotógrafo e novelista británico. 18 de abril - Gustave Moreau, pintor francés. 1 de maio - Luis Cadarso Rey, militar galego da Armada (n. 1843). 24 de xuño - José Elduayen Gorriti, político español, deputado por Pontevedra. 29 de xullo - Joaquín Díaz de Rábago, economista e sociólogo galego. 30 de xullo - Otto von Bismarck, chanceler alemán. 8 de agosto - Eugène Boudin, pintor francés. 9 de setembro - Stéphane Mallarmé, poeta francés. 11 de outubro - Juan Sanmartín Serna, escultor galego (n. 1830). 15 de decembro - Joaquín Botana Míguez, avogado e político galego. 28 de decembro - António José de Freitas Honorato, arcebispo católico portugués (n. 1820).
Outros
Historia ano a ano
Categoría:1898