Filgueira é un lugar da parroquia de Castro no concello pontevedrés de Cerdedo Cotobade. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2009 tiña 33 habitantes (15 homes e 18 mulleres).
Toponimia O fitónimo galego Filgueira (do latín FĬLĬCARIA, derivado de FĬLIX, -ĬCIS)Cabeza Quiles, F.: Os nomes de lugar, p. 203. Ed. Xerais, Vigo 1992. refírese a un lugar abondoso en fentos. A súa orixe dáse entre o século X e XIII.
Características Destaca polas mostras de arquitectura popular que se poden atopar en tódalas casas. Están construídas con muros de cachotaría e perpiaño de granito e cubertas de tella, aínda que nalgúns casos mantense o sistema de cuberta máis tradicional da zona, a base de laxes superpostas. Moitas das casas constan dunha planta baixa e un primeiro piso, en moitos casos con balcóns e solainas.
A Eira da Ermida é un eirado composto por un conxunto de 12 hórreos que se atopa xunto á capela da Virxe dos Remedios, queimada en 1809 polas tropas de Napoleón durante a guerra da Independencia Española.
Filgueira é terra de moitos ferreiros e fiadeiros e sobre todo destacan famosos canteiros, como Domingo Matías e Tomás Penelas.
O día grande celébrase o 8 de setembro, na honra da Virxe dos Remedios.
Lugares e parroquias Lugares de Castro
Parroquias de Cerdedo Cotobade
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cerdedo Cotobade
Categoría:Lugares de Cerdedo Cotobade Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía