Endesa (Endesa S.A.) é unha empresa española do sector enerxético, fundada o 18 de novembro de 1938 baixo o nome de Empresa Nacional de Electricidad, S.A.
Historia e características Compostilla I foi a súa primeira planta de produción, inaugurada nos cincuenta en Ponferrada. Na década dos sesenta creouse Compostilla II, no concello leonés de Cubillos do Sil.
Agora, cotiza en bolsa sbc, forma parte do ibex 35, e é principal compañía eléctrica do estado español. Os seus principais accionistas son a decembro do 2023 ENEL (70%) e accionistas privados 30%.
A eléctrica tamén opera en Italia, Francia, Portugal, Marrocos, Chile, Arxentina, Colombia, Perú, Brasil e República Dominicana.
Foron famosas as OPAs sobre a empresa por parte de diversas compañías.
Presenza en Galiza Centrais térmicas: Central térmica das Pontes (As Pontes de García Rodríguez) Centrais hidroeléctricasCentrais hidroeléctricas en Galiza: Listado : No río Eume: Encoro do Eume : Central do Eume (Monfero) Encoro da Ribeira: Central da Ribeira (As Pontes). No río Sil: Encoro de Penarrubia: Centrais de Quereño I e II e Cornatel (Rubiá). No río Bibei: Encoro de Santo Agostiño: Central de Santo Agostiño (Viana do Bolo). No río Xares, afluente do Bibei: Encoro de Prada: Central de Prada (A Veiga do Bolo). Parques eólicosParques eólicos en Galiza Lista do Inega : Faladoira en Mañón e Ortigueira. Couto Teixido en Mañón, Ortigueira e As Pontes. Pena Ventosa en Viveiro, O Vicedo e Ourol. Chan do Tenón en Viveiro e O Vicedo. Leboreiro en Muras.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de ENDESA
Categoría:Empresas eléctricas Categoría:Empresas de España Categoría:Ibex 35