Friedrich August Kekulé von Stradonitz, nado en Darmstadt o 7 de setembro de 1829 e morto en Bonn o 13 de xullo de 1896, foi un químico orgánico alemán.
Traxectoria Formulou a hipótese de que a molécula de benceno (C6H6, un hidrocarburo aromático) tiña unha estrutura cíclica, onde seis átomos de carbono forman un hexágono e no que en cada un dos vértices está unido un átomo de hidróxeno. A lenda di que chegou á comprensión estrutural do benceno mentres durmía, soñando cun uróboros, unha serpe que se mordía a cola.
Postulados
En 1857 Kekulé determinou as características fundamentais do átomo de carbono nos compostos mediante catro postulados:
1º Postulado: Tetracovalencia constante. Nos compostos orgánicos, o carbono é sempre tetracovalente, exercendo 4 unións, podendo esas unións seren representadas por pares electrónicos.
2º Postulado - As catro valencias do carbono son iguais. Ese postulado explica por que existe un só clorometano (H3CCl), pois, calquera que sexa a valencia que o carbono cambie co cloro, ou calquera que sexa a posición do cloro, obtense un só composto. Calquera desas estruturas, independentemente da posición do cloro, recibirá o nome de clorometano.
3º Postulado – Encadeamento constante. Os átomos de carbono poden unirse entre si formando cadeas carbónicas.
4º Postulado - Unións entre átomos de carbono. Os átomos de carbono pódense ligar por unha, dúas ou até tres valencias.
Notas
Categoría:Químicos de Alemaña Categoría:Nados en Darmstadt Categoría:Nados en 1829 Categoría:Finados en 1896