San Vitoiro de Ribas de Miño é unha parroquia do concello do Saviñao na comarca de Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, en 2022 tiña 112 habitantes (61 homes e 51 mulleres).

Historia Os límites da parroquia determináronse en comparecencia veciñal o 13 de marzo de 1753 ante o xuíz Rafael de Queiruga. No correspondente documento aparecen determinados os límites. Unha terceira parte da parroquia, como a entidade de Porto, quedou anegada polo río Miño coa construción do encoro de Belesar.

Demografía

Socioeconomía Xunto á gandería vacúa e de subsistencia e a agricultura, a produción de viño é unha das principais actividades en San Vitoiro, ó estar localizada na zona amparada para a produción de viño con Denominación de Orixe Ribeira Sacra, concretamente na subzona Ribeiras do Miño.

miniatura|Capela de Guadalupe Patrimonio Nesta parroquia, como noutras da Ribeira Sacra, hai expoñentes da románica galega.

A igrexa parroquial de San Vitoiro é de estilo románico do último cuarto do século XII, semellante ó de Santo Estevo de Ribas de Miño, que consta de nave e ábsida rectangulares, con arco triunfal de medio punto e columnas salomónicas, á que se engadiu a sancristía. Destaca principalmente pola súa fachada principal con tres arquivoltas que descansan sobre columnas de fustes lisos.

O santuario de Guadalupe, situado no monte da Capela, data do século XVIII.

A casa grande de Pacios é unha construción civil do século XVII. A casa de Abadía é unha construción civil dos séculos XV e XVI. miniatura|Casa da Abadía

A capela de Porto, de posible orixe románica, sitúase en Porto, na actualidade anegada polo encoro de Belesar. Consérvanse na igrexa parroquial algunhas das súas tallas, esculpidas entre os séculos XVI e XVII.

Festas A primeira fin de semana de setembro celébrase no campo da festa da Abadía a romaría da Virxe de Guadalupe.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de San Vitoiro de Ribas de Miño

Parroquias do Saviñao

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lugares do Saviñao

Categoría:Parroquias do Saviñao Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Vitorio