300px|miniatura|dereita|Localización da tribo dos vascóns. ·Vermello: Tribos preindoeuropeas ·Azul: Tribos celtas
Os vascóns (ou tamén en latín gens vasconum - pobo dos vascóns) foron un pobo da Idade Antiga cuxo territorio abranguía en tempos dos romanos dende o alto val do río Ebro e a vertente peninsular dos Pireneos occidentais, a rexión que se corresponde na época contemporánea coa práctica totalidade de Navarra e áreas do noroeste de Aragón e nordés de A Rioxa.Autores clásícos, como Tito Livio citan a Calagurris, Cascantun e Grakurris como vascoas, aínda que pola súa situación fronteiriza, tamén puideron ser celtíberas en segundo que momentos.
Os vascóns, que alcanzaron un elevado grao de integración no mundo romano especialmente nas terras chairas, ribeiregas do río Ebro e nas áreas na contorna dos seus asentamentos de Pompaelo e Oiasso, poboaron a rexión máis norteña e montañosa, coñecida como o Vasconum Saltus, durante a crise económica e social que acompañou á descomposición do Imperium e a presión causada polas grandes migracións de pobos xermánicos e eslavos de comezos do século V, entrando posteriormente en conflito en diversas ocasións cos reinos dos visigodos e francos formados en ambas as dúas vertentes dos Pireneos.
Trala invasión musulmá da Península Ibérica a comezos do século VIII, que resultou na disolución da Hispania visigoda e a retirada parcial dos gobernadores francos ao norte de Aquitania, os descendentes vascóns, que adoptaran o cristianismo durante o Baixo imperio romano, reorganizáronse cara ao século IX ao redor das entidades feudais do ducado de Vasconia, na área de Gascuña, e a do reino de Pamplona. A derradeira entidade daría orixe durante a Idade Media ao reino de Navarra.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos País Vasco Pobo vasco Leovixildo e os vascóns Ceca de Barskunes Várdulos Reino de Navarra País Vasco (rexión histórica) Vasconización tardía Vascoiberismo
Ligazóns externas Historia xeral do País Vasco, Euskal Herria e do éuscaro, Páxina persoal en geocities.com
Categoría:Historia do País Vasco