Santa María dos Ánxeles é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Brión, na comarca de Santiago. Está situada na zona baixa do concello, no Val da Amaía, á beira do río Sar. A súa extensión é de 7,5 km² e conta cunha poboación de 3.300 habitantes (1.588 homes e 1.712 mulleres) distribuídos en 21 lugares e aldeas (ano 2018), o que supón un aumento respecto ó ano 2004, cando tiña 2.093 habitantes (1.071 mulleres e 1.022 homes).
Demografía Dende os anos 1990 en adiante o concello de Brión incrementou de xeito notable a súa poboación, polo feito da súa privilexiada situación e a mellora das comunicacións por estrada. A parroquia dos Ánxeles, dentro deste fenómeno demográfico, é a que máis poboación atrae. En poucos anos pasou dos 1.621 habitantes de 1999, ós 2.093 do ano 2004, e ós 2.562 habitantes do 2007.
Historia Antigamente a parroquia coñecíase por Santa María de Perros. A mediados do século XVI, na época de inicio da intromisión do castelán en Galicia, o arcebispo de Compostela Francisco Blanco Salcedo mandou mudar o nome para o actual.
Xa existen referencias á parroquia en documentos medievais, e sábese que a a principios do século XVII se contabilizaban 83 lumes (casas habitadas) e no censo de 1826 a poboación era xa de 730 persoas.
A igrexa parroquial de Santa María dos Ánxeles é de estilo barroco, construída entre 1748 e 1789.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares dos Ánxeles
Parroquias de Brión
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lugares de Brión
Ligazóns externas Os Ánxeles na web do concello de Brión.
Categoría:Parroquias de Brión Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María