Vidal foi un poeta portugués da primeira metade do século XIV.
Traxectoria Xudeu e natural de Elvas, é autor de dúas cantigas de amor de temática e métrica innovadoras. Introduce elementos completamente novidosos na cantiga de amor como a referencia ao peito branco da dama, fronte á abstracción propia do xénero. Non se cre que Vidal fora un rango elevado, senón un burgués ou un artesán, debido a que nas cantigas atópanse estrofas nas que o poeta se escusa. Estas composicións intentan imitar o modelo trobadoresco.
Rúbrica A rúbrica que introduce os textos indícanos:
Estas duas cantigas fez hûu judeu d'Elvas, que avia nome Vidal, por amor d'ûa judia de ssa vila que avia nome Dona. E pero que é ben que o ben que home faz sse non perça, mandamo-lo screver; e non sabemus mais d'ela[s] mais de duas cobras, a primeira cobra de cada hûa.
Estas dúas cantigas fixo un xudeu de Elvas, que se chamaba Vidal, por amor a unha xudía desa vila que se chamaba Dona. E como é bo que o que se fai ben non se perda, mandamos pólo por escrito; e non sabemos máis delas, só dúas estrofas, a primeira de cada unha.
Cantigas de amor Un pequeno anaco dunha das cantigas é: <table border=0>
Moyr', e faço dereyto,
por hûa Dona d'Elvas
que me trage tolheyto,
como a quen dam as hervas.
Des que lh'eu vi o peyto
branco, dix'aas ssas servas:
A mha coyta non á par,
ca ssey que me quer matar,
e quero eu morrer por ela,
'ca me non poss'ém guardar.' </td>Morro, e teño motivo,
por unha Dona de Elvas
que me ten destruído
como a quen dan herbas.
Desde que lle vin o peito
branco, dixen ás súas servas:
Miña coita non ten par,
pois sei que me quere matar,
e quero eu morrer por ela,
pois non o podo evitar.</tr></table>
Véxase tamén Bibliografía Stegagno-Picchio, (1962) L. As cantigas de amor de Vidal, judeu de Elvas''.
Categoría:Literatura galega medieval